1-1: O sénior empata en Touro

Andrea adiantou ao Touro, que mantivo a vitoria ata os minutos finais, co empate de Laura.

Repartición de puntos no Municipal de Loxo. O partido comezou a un ritmo trepidante, cos dous equipos protagonizando xogadas de perigo, e nunha das chegadas golpeou primeiro o equipo local aos catro minutos. Zaira provoca un córner que aproveita Andrea para adiantar as locais sumando o seu décimo cuarto gol da tempada.

O gol deu aínda máis confianza ao Touro, que se replegou claramente, aproveitando as pequenas dimensións do terreo de xogo. Disparou Clau e o balón detívoo sen problemas Mencía, na primeira chegada visitante. Aos 17 minutos de xogo, Candela chuta pegado ao pau e catro minutos despois Feijóo, de golpe directo, non consegue sorprender á gardameta local.

As de Tamayo estiveron preto de empatar o partido unha vez superada a media hora de partido. Laura iniciou o ataque, Zaira supera a defensa rival cunha parede con Sampayo, pero atopouse cos reflexos de Mencía. No minuto 37, Saque rápido de banda e o centro de Feijóo non atopa rematadora co balón paseándose por diante da liña de gol. Dous minutos mais tarde, novamente Feijóo proba sorte, bloca Mencía sen problemas. Xa ao fío do descanso, tentouno o Touro. Rocío centra no 41’ e Laura despexa a córner. Na xogada posterior Noa estivo certeira para salvar o segundo na liña.

Segunda metade
Tras o paso polos vestiarios, Feijóo puido asinar a igualada. O seu remate acabou no fondo da rede no 53’, pero Machado Mosquera sinala fóra de xogo ante a sorpresa de todo o público asistente. Un minuto despois da hora de xogo, un balón longo de Noa a Feijóo, deixa soa á nosa xogadora ante Mencía que acaba despexando. Tamayo deu entrada a Vicky e Nair e a centrocampista confirmou o seu debut co primeiro equipo despois de sete tempadas no club e foi protagonista no 65’ cun centro que remata Aldarita e para Mencía cunha estirada. Xa nos últimos minutos, e co noso equipo envorcado arriba, chegou a igualada por medio de Laura, que avanzou a súa posición da defensa á dianteira (1-1) e o encontro terminou co empate do senior en Touro. Un resultado que deixa ás pontinas sen opcións de depender delas mesmas para alcanzar os postos que dá opción de xogar a fase de ascenso.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content