Os equipos da Escola de Fútbol Feminino Rosalía xa coñecen o seu primeiro rival, así como o resto do calendario da Liga Galega Feminina Alevín, despois de que se procedeu ao sorteo por parte da competición. Os nosos dous representantes arrincarán o torno da Liga fronte ao Mos en territorio das ‘avespas’ o equipo ‘Azul‘, aínda que, o Municipal de Oira será o estreno do equipo ‘Amarelo‘ fronte a CD Valladares.
A nova competición contará con 35 equipos participantes divididos en 4 subgrupos de entre 10 a 8 compoñentes. Os nosos equipos, Amarelo e Azul, quedaron encadrados no Grupo IV xunto a Calasancio, Valladares, Lóstrego, Mos, San Mateo e Tomiño. A competición regular prolongarase do 22 de outubro ao 17 de marzo nunha Liga a dobre volta. A 2.ª Fase decidirá ao campión da 1.ª LGF Alevín e aos campións de consolación. Os primeiros clasificados de cada grupo xogaranse o título de campión e unha Liga ‘express’ a dobre volta entre o 7 de abril e o 12 de maio. Mentres que os demais participantes dividiranse noutros 4 subgrupos nunha Liga a unha volta.