Gran éxito do torneo de Fútbol 5, que reuniu a nenos e nenas en 10 equipos

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía únese desta forma á promoción do deporte nas Festas da Ponte. En colaboración co Concello de Ourense organizan o 1º maratón de futbito (Fútbol 5) Mixto das festas patronais do barrio.

A cancha anexa ao Centro cívico da Ponte albergou onte o I Maratón Mixto de Futbito ‘Festas dá Ponte’, no que interviñeron nenos e nenas da cidade e provincias veciñas en equipos de amig@s . O evento foi organizado pola Escola de Fútbol Feminina Rosalía e tivo a colaboración da área de Cultura do Concello. Os Futbolísimos, New Team, Os Fut-Bros, Os Lobos, As raíñas das festas, Carlasca, Os amigos do Pabe, Blancanieves e os ananos, As primeiras damas e Kiev Vigo, da cidade olívica, foron os equipos que achegaron os seus respectivos participantes ao evento. O acto, encadrado nas actividades das Festas do Santiago, do barrio da Ponte, foi realizado co gallo de impulsar o deporte e o compañeirismo entre os máis novos.

A xornada, máis aló da pura competición, desenvolveuse nun formidable ambiente que contou coa asistencia dun numeroso público que en todo momento gozou do xogo limpo e deportivo despregado polos novos futbolistas, todos eles, entre os 12 e 8 anos. Cun magnífico colofón coa entrega de medallas a tod@s as participantes, trofeo aos tres primeiros clasificados, Mellor xogador ‘José Manuel Fdez. Sobrino’ e festa da espuma a cargo da empresa de ocio Sociosaugal.

A pesar do Sol, máis de 200 persoas seguiron o ‘torneo’.

O Torneo, por tanto, resultou un completo éxito de público e participación, con 76 nenos e nenas de cinco anos que fixeron as delicias dos numerosos familiares e público xeral congregados nos arredores da cancha. Foi toda unha festa do fútbol en categoría ‘baby’, sen ánimo competitivo e co único gallo de divertirse e desenvolver o deporte de forma sa e nun ambiente de camaradería. Os partidos fóronse sucedendo na cancha de futbito de recente remodelación.

PREMIOS

  • 1º clasificado: Los amigos del Pabe
  • 2º clasificado: Kiev Vigo
  • 3º clasificado: New Team
  • Trofeo ‘Jose Manuel Fdez. Sobrino’: Iker Toro (New Team)
Los amigos del Pabe e Kiev Vigo disputaron a final.

A EFF Rosalía aproveitou o acto para mostrar que xa está aberto o prazo de matriculacións con vistas ao curso 2022/23. As interesadas poden informarse ou apuntarse mediante o correo do club.

A Escola de Fútbol naceu en xullo de 2017, grazas ao esforzo conxunto dun grupo profesionais do mundo do deporte e a formación. Baixo a denominación de ‘Escola de Fútbol Feminina’, o obxectivo principal é ensinar unha filosofía de traballo recollida das experiencias dos diferentes profesionais que forman o equipo técnico, para o mellor desenvolvemento e crecemento das xogadoras e futuros deportistas. Partiu cunhas previsións iniciais de 50 meniñas e, con todo, xa dobra o número de licenzas. Un total de 6 integrantes da escola son ‘biberóns’, e curiosamente, a pesar da curta traxectoria como club, unha delas participa asiduamente na Selección Galega sub-17 e varias xa participaron en adestramentos das categorías sub-12 e sub-15.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content