Rocío Suárez, un ano máis de experiencia e liderado para a portería do equipo senior

A de Pereiro, con esta renovación, continúa afianzándose no primeiro equipo

Rocío Suárez continuará unha tempada máis na portería da Escola de Fútbol Feminina Rosalía senior. A canteirá rosalista, que conta xa con varios anos de experiencia no primeiro equipo, seguirá sendo unha das pezas crave na portería para Pere Tobaruela, exercendo con certeza como outra das líderes do vestiario dados os anos que leva tamén na casa.

A gardameta cumplirá a sua quinta tempada no club.

A porteira pontina disputou 22 encontros entre liga e playoffs, sendo titular en cada un deles e rematando como a segunda gardameta menos goleada do Grupo VI (0,7 goles x partido) . Destaca Rocío ademais por ser unha das capitás do equipo desde hai dúas tempadas e a segunda xogadora con máis partidos na historia do club.

En declaracións aos medios oficiais, Rocío Suárez séntese ” súper ilusionada e con moitísimas ganas de seguir aprendendo e mellorando”. Cumprirá outro ano máis nun proxecto en alza: “con tan bos obxectivos que non deixan de ser ambiciosos e ansiosa por comezar unha nova tempada”.

Check Also

4-0: O sénior golea e achégase ao obxectivo

Un tanto espectacular de Bonjoch, outro de Vicky e Zaira e Patri, en propia porta, …

Skip to content