Juanma Bello compareceu en rolda de prensa tras a ausencia de Iván Canal e a suspensión do encontro pola non presencia do Juventud de Cambados para disputar o partido correspondente a xornada 19 de Liga: “A verdade é que cada xornada que disputamos nesta liga é unha nova oportunidade para que as nosas crezan e melloren un pouquiño máis e non poder disputar o partido é unha pena e sobretodo paréceme pouco profesional por parte de calquera equipo”
“Esta tempada esta sendo bastante dura para nós xa que as numerosas lesións lévannos a ter moi pouco número de xogadoras efectivas pero xa sexa tocadas ou enfermas, xogando de noite volvendo de madrugada a Ourense, sempre disputamos os nosos partidos pola contra non me sentiría orgulloso do noso traballo nin do das mozas”
Mala experiencia
“Todo o que non sexa xogar para elas é unha mala noticia xa que non hai mellor maneira de corrixir erros que con minutos de competición. Non é a primeira vez nin creo que será a última que pasen estas cousas, ultimamente parece que aos equipos cústalles viaxar a Ourense, os motivos descoñézoos pero creo que a federación debería involucrarse máis e poñer sancións duras e así igual non pasaban este tipo de cousas”.
Dende o departamento de prensa nos puxemos en contacto con Nacho Núñez, adestrador do Juventud de Cambados: “Tentamos aprazar o partido por falta de xogadoras e dende o Rosalía non nos deron ningunha facilidade para cambialo de data. Nós, sempre que nos chaman para calquera cambio, tentamos axudar e adoitamos cámbialo. Por iso non estou nada contento coa decisión do presidente do Rosalía de non cambiar o partido. Creo que puido facer mais pero é o que hai, mais que nada porque nin as xogadoras do Rosalia nin o adestrador sabían nada de que queriamos cambiar o partido”
Aplazamento federativo
“Iso non o levo eu, eu só son o adestrador. E xa che digo que a culpa non lla voto a ninguén en particular pero sei que seguramente se puido facer algo mais”