Rosalía-Cambados: Voltar a un resultado positivo

As azuis, que encadean tres derrotas nos derradeiros cinco partidos, reciben a un rival que só gañou unha vez a domicilio esta tempada (domingo, 12:00h, Monte da Aira)

A EFF Rosalía xoga o primeiro partido neste segundo mes de 2020, no que disputa dous partidos. Tras caer derrotada a pasada semana co líder Chispa, afronta este domingo a 19ª xornada do campionato enfrontándose ao Juventud de Cambados no Monte da Aira (12:00 horas).

As azuis chegan á cita coa intención de voltar a senda das vitorias. Ademais, buscarán dar continuidade ao traballado nos derradeiros adestramentos e intentar non encaixar tantos goles como nos últimos partidos, no que encadean 10 goles en tres partidos. Non o poñerá fácil o Cambados, como indica o que pasou  no encontro da primeira volta. O equipo cambadés só gañou un partido a domicilio pero non será un rival sinxelo igualmente a pesar das baixas que conta para o partido de mañá.

“Se gañamos o domingo conseguiremos os mesmos puntos que o ano pasado, eran trinta e dous, os mesmos puntos co ano pasado a final de tempada”, explicou o técnico na rolda de prensa previa a un partido para o que convocou a 15 futbolistas.

Convocatoria
Porteira: Rocío.
Defensas: Feijóo, Cae Vizcaya, Judith, Isis, Sequeiros e Noa Domínguez
Centrocampistas: Aldarita, Alba, Sabela, Ainara e Patricia.
Dianteiras: Zaira, Silvia e Aitana.

O Rival
O Juventud de Cambados chega ao choque tras perder co Gondomar o pasado domingo. Unha derrota que cumpre unha serie de cinco derrotas nos derradeiros seis encontros. Na liga, está colocada na décimo segunda posición, cun balance de tres vitorias, dous empates e doce tropezos. Nuria Seijo é a súa máxima goleadora, con catro tantos.

Precedentes
Segunda ocasión na que se enfrontan a EFF Rosalía e Juventud de Cambados, na primeira volta a vitoria foi para as azuis por 2-4, nun partido que remontou a EFF Rosalía despois de ir perdendo 2-0 ao minuto 15’.

Resto da xornada
O partido da xornada será o que disputen primeiro e segundo clasificado no Monte da Mina de Vigo, Pereiro, invicto na casa, recibe ao líder Chispa. Outro partido interesante será o Gondomar-Bueu, o terceiro clasificado visita un dos campos mais complicados da categoría. Pola parte baixa, rivais complicados para Marín, Mosteiro e Ponte Caldelas.

Todos os partidos serán en xornada de domingo:
12:00 SD Noalla – CD Mosteiro
12:00 EFF Rosalía – Juventud Cambados
12:00 Gondomar FB – CD Bueu
16:00 Balaidos CF – SCD Ponte Caldelas
16:15 SD Puentearnelas – Racing de Vilariño
18:20 Marin CF – SPC. San Mateo
18:45 EDVM Pereiro – SD Chispa
Descansa Umia CF “B”

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content