Liga Promesas: o derbi ourensán para comezar

Os nosos equipos enfróntanse no Municipal de Oira na 1ª xornada da tempada 2022-23 (13:00h).

Duelo de altura o que terán por diante mañá os nosos equipos representantes na liga Galega Promesas coa celebración do derbi ourensán de fútbol feminino. O conxunto dirixido por Feijóo e Javi actuará como locais nun encontro que mostrará o nivel de forma ao que chegan os dous equipos pontinos.

O duelo nos bancos está servido.

Haberá cambios en ambos equipos, non soamente de denominación, ao decidir desde a dirección deportiva que esta tempada el equipo ‘Azul’ e o ‘Amarelo’ teñan xogadoras benxamines como alevíns, a diferenza doutros anos, que no Promesas ‘A’ xogaban os xogadoras alevíns de segundo ano.

O encontro dará comezo ás 13:00 horas coa dirección de Oumar Farougou Diallo do comité técnico de árbitros de Ourense.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content