O Cadete medirase ao InterRías no primeiro amigable de pretemporada

O duelo disputarase no Campo de fútbol de Vista Hermosa de Paderne de Allariz e arrincará ás 11:30 horas

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete ha cerrado o seu primeiro encontro amigable de pretemporada para mañá sábado 8 de outubro. O rival das azuis será as Viaxes InteRías Feminino, da mesma categoría. O choque xogarase no campo de fútbol de Vista Hermosa de Paderne de Allariz, a partir das 11:30 horas.

Este amigable será o primeiro e último da pretemporada antes do comezo de Liga fronte ao Mos no Municipal de Oira.

Xiana falou como portavoz do equipo.

Xiana Carballo, unha das capitás da EFF Rosalía Cadete, atendeu á nosa web ao termo do último adestramento. “Todo o persoal está a desexar xogar o seu primeiro partido. Xogamos coas senior un amigable de adestramento pero non é o mesmo que medirse a un rival da nosa categoría”.

“A pretemporada é longa e o dispor de minutos de xogo é importante”.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content