Rosalía-Boiro: A fase de ascenso en xogo

As de Tamayo mídense ao segundo clasificado co obxectivo de acurtar a súa vantaxe de catro puntos (18.00 h; Youtube).

Chega o momento clave ao Municipal de Oira. Último partido en casa da fase regular a falta de catro xornadas (tres para as pontinas) e o noso equipo afronta outro esixente reto no que pode ser a última oportunidade de loitar por meterse na fase de ascenso, algo que logrou en todas as temporadas da sua curta historia. O sénior mídese ao segundo clasificado na xornada 27 do campionato (18.00 h; Youtube).

O obxectivo das de Tamayo, que encadean X partidos invictos, é recortar a distancia de catro puntos sobre o Boiro cando só faltan catro xornadas para a conclusión da liga, tres para as nosas, ao descansar o xornada 29. Para iso tratarán de apoiarse nunha afección que seguro estará á altura, como nas partidos claves outras tempadas e que ademais aínda non viu perder aos súas nos 13 encontros oficiais disputados esta tempada no Municipal de Oira (10 vitorias e 3 empates).

Este será o terceiro enfrontamento entre ambos os equipos. O noso equipo nunca gañou os tres anteriores, os dous de fase ascenso 2018/19 (1-3) e (2-1) e o da primeira volta (3-1), con goles de Zaira en todos os partidos. A dianteira formará parte da convocatoria de dezaseis xogadoras.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Fifi, Sabela, Aitana, Sampayo e Matilde.
Centrocampistas: Bonjoch, Nair, Candela, Aldarita e Aroa.
Dianteiras: Vicky, Zaira, Clau e Noui.

O rival
A Escola de Fútbol Municipal Concello de Boiro non chega á cita no seu mellor momento na liga. As de Miguel Ángel Ramos encadean dous partidos perdidos e un empate nos últimos cinco encontros. Eso les feito perder o liderado a favor de Mos ‘B’ e a vantaxe coa que contaban na loita polo ascenso. A pesar diso, sumárona os tres puntos no seu último enfrontamento (5-0) ante Pontellas. Antía, con 36 tantos, é a súa máxima goleadora na competición e pichichi do sub-grupo II.

Así, o partido correspondente á vigesimoctava xornada da liga dará comezo ás 18.00 horas de mañá domingo nas instalacións municipais do campo Municipal de Oira, coa arbitraxe do colexiado do Comité Técnico de Árbitros de Ourense Iván Ferreira Oliveira. Como é habitual, o choque poderá seguirse en directo a través de RosalíaTv na nosa canle de Youtube.

Enlace directo

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content