Matinal de Fútbol-8 o domingo no Municipal de Oira

Rival, a priori asequible para o Promesas ‘A’ e complicado para o ‘B’ a mañá do domingo na xornada 15 de Liga.

Volve a Liga Galega Promesas ao Municipal de Oira para a disputa da 15ª xornada da 1ª Fase do Grupo Sur. A EFF Rosalía Promesas ‘A’ recibe ao Tomiño, mentres que as súas compañeiras do Promesas ‘B’ intentarán facerlle un favor ás súas compañeiras ante o equipo que as precede na clasificación na loita polos postos que dan a clasificación á fase polo título, o Umia CF.

EFF Rosalía-Tomiño FCF
As de María Feijóo volven á competición logo de 15 días, a semana pasada tiñan xornada de descanso, coa intención de non descolgarse da loita polo terceiro posto (Umia está 4 puntos por encima) e dar continuidade ao bo xogo mostrado no seu último partido no Municipal de Oira. O seu rival, Tomiño FCF, chega ao partido como colista do Grupo Sur con tres puntos. Un equipo, a priori, asequible pero nunca é bo dar por gandos os tres puntos antes do pitido inicial. O partido dará comezo ás 11:00 horas do domingo 13 de febreiro.

Umia visitou Oira na primeira xornada de competición.

EFF Rosalía ‘B’-Umia CF
Complicado, así se espera o partido da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Promesas ‘B’, ante un rival que chega ao Municipal de Oira cun balance de 4 vitorias e un empate nos últimos cinco partidos. Umia CF, terceiro clasificado no táboa con 28 puntos, levouse a vitoria na súa última visita ao campo de Fútbol 8 de Oira por 3-4 fronte ao Promesas ‘A’. As de Javier Alonso sairán coa intención de seguir crecendo como equipo e, por que non, intentar axudar ás súas compañeiras do ‘A’ quitándolle puntos aos seus rivais. A partir das 12:00 horas sairán os dous equipos ao céspede artificial do Municipal de Oira.

Check Also

A nova categoría xa ten plan competicional

Os equipos da Escola de Fútbol Feminino Rosalía xa coñecen o seu primeiro rival, así …

Skip to content