Zai renova o seu compromiso co senior ata xuño de 2025

O primeiro equipo logra, con esta rúbrica, manter no seu persoal a un dos principais baluartes en ataque para as próximas duas tempadas.

Zaira Fernández renova o seu compromiso coa Escola de Fútbol Feminino Rosalía ata xuño de 2025. Así, a entidade da Ponte asegúrase contar cun dos seus principais argumentos na parcela ofensiva durante varias tempadas máis tendo en conta que, tras a súa última renovación, finalizaba contrato neste mes de xuño de 2023, completando agora a de Feijóo e Vicky.

A barbadesa é a máxima goleadora histórica do club con 84 goles

En declaracións aos medios oficiais, mostrouse moi feliz polo acordo alcanzado: “Estou emocionada e ilusionada por continuar aquí e así poder seguir axudando ao equipo, síntome moi cómoda no Rosalía. Levo cinco anos aquí, gústame o proxecto do club e quero seguir crecendo neste lugar”. Ao mesmo tempo, destacou o crecemento do primeiro equipo, que veu practicamente da man do seu propio: “Cando cheguei aquí estabamos a loitar por asentarnos na nosa categoría e agora cada ano estivemos máis arriba na clasificación, é un proxecto ambicioso e un club grande”.

Así mesmo, recoñeceu que este tempo serviulle para madurar deportivamente falando: “Crecín futbolísticamente co equipo, mellorei moito aprendendo dos meus adestradores e das miñas compañeiras e quero seguir facéndoo”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content