O Infantil cae ante o Bergantiños

Ari recortou distancias na segunda metade, pero o conxunto visitante castigou os erros na saída e levou o triunfo de Oira.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía non puido sumar ante o Bergantiños no campo municipal de Oira nun encontro que se puxo moi costa arriba desde o inicio. Nada máis comezar, as visitantes aproveitaron un erro na saída de balón para adiantarse por medio de Lara Vila antes do primeiro minuto. O Bergantiños seguiu apertando e ampliou a súa vantaxe no minuto 9’, xa avisou antes con dous remates de Noa Puga e un desde a frontal de Daniela, culminando un novo contragolpe para colocar o 0-2. O noso infantil tratou de reaccionar e tivo unha das súas mellores ocasións seis minutos despois, cando Ari plantouse ante Carlota, pero a gardameta visitante evitou o gol. Tentouno navalmente Ari á media hora de partido, tampoco con corte. O conxunto ‘azul’ foi crecendo co paso dos minutos e tamén o tentou cun remate de Alicia antes do descanso, pero faltou acerto nos metros finais.

Tras o paso por vestiarios, o partido volveu arrincar da peor maneira para as locais: aos 40 segundos da continuación, Lara Vila aproveitou outro erro na saída para asinar o 0-3 e completar o seu triplete. A pesar ao golpe, o conxunto de Carlos e Manu non baixou os brazos, especialmente da man de Ari, que o tentou con dous disparos consecutivos e unha asistencia a Lara, que desbaratou Carlota, pero atopou premio a dous minutos da hora de xogo. Isabel Reyes botou unha falta ao punto de penalti e Ari apareceu para rematar de primeiras e facer o 1-3. O gol deu impulso ás locais, aínda que o Bergantiños volveu mostrarse perigoso e rozou o cuarto cun cabezazo á saída dum córner de ao traveseiro no minuto 66’. Xa no tramo final, un balón en profundidade acabou co despexe de Vera en propia porta, pechando o 1-4 definitivo a falta de tres minutos para o remate.

FICHA TÉCNICA:

1-Rosalía: Miriam, Candela, Isabel, Sophia, Daniela, Vera, Nuria, Noa Gil, Noa Pazos, Ari e Martina. Tamén estiveron convocadas Noa Delgado, Alicia, Lara Vicente, María e Lucía.
4-Bergantiños : Carlota, Andrea, Paula, Noa Puga, Lara Martínez, Noa Antelo, Xiana, Iria, Noa San José, Daniela e Lara Vila. Tamén estiveron convocadas Alma, Noa Pombo, Irene e Emma.

Goles
0-1 (min. 1): Lara Vila.
0-2 (min. 9): Lara Vila.
0-3 (min. 41): Lara Vila.
1-3 (min. 58): Ari.
1-4 (min. 77): Vera, en propia porta.

Vídeo: Partido completo.

Check Also

O Infantil rescata un punto no empuxe final

O noso equipo empatou fronte ao Sárdoma grazas ao empuxe final e ao acerto de …

Ir o contido