Promesas: Rumbo a Gondomar

Nesta ocasión será o Promesas ‘A’ quen dispute encontro este novo fin de semana desta marabillosa competición.

Nesta xornada as pupilas de María Feijóo xogarán fronte ao Lóstrego CF, rival das súas compañeiras do ‘B’ o pasado sábado no Municipal de Oira, situado na novena posición na taboa clasificatoria. As nosas pequenas intentarán continuar a súa racha positiva dos último encontros na mañá do domingo (11:00h, A Gándara-Chaín) contra un rival que seguro sairá coa intención de cambiar o sentido dos seus últimos resultados. O partido estará dirixido polo colexiado Sergio Arredondas Fernández.

Pola súa banda, as integrantes do Promesas ‘B’ non terán xornada competitiva ao ter xornada de descanso.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content