Rosalía-Arcadia: a pola quinta vitoria en casa

As de Quique e Castro disputan no Campo de Fútbol Miguel Ángel o partido da décimo terceira xornada de Liga (19.00 h, Os Remedios).

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía recibe ao Arcadia E.F. no partido da décimo terceira xornada de Liga. As de Quique e Castro afrontan o duelo fóra do seu campo habitual, no Campo de fútbol Miguel Ángel das instalacións municipais de Os Remedios co obxectivo de sumar os tres puntos para continuar segundo na clasificación.

O noso equipo, que caeu derrotado fronte ao Mos a pasada xornada en Liga, buscará mañá a quinta vitoria en casa. As pontinas queren seguir coa súa boa serie despois de pechar xaneiro cunha soa derrota no campionato. En fronte estará un rival sen opcións de alcanzar os postos altos. Arcadia ocupa o sexto lugar da táboa e presenta un balance de 2 vitorias, 0 empates e 8 derrotas.

As 16 xogadoras citadas para representar o escudo azul esta tarde son:

CONVOCATORIA EFFROSALÍA
Porteira: Karla.
Defensas: Aline, Alba, Candela Losada, Ainara, Carlota e Virginia
Centrocampistas: Andrea, Lucía Carral, Sabela, Esmeralda e Sofía.
Dianteiras: Sara, Xiana, África e Águeda.

Para Diego Castro, técnico azul, neste encontro “esperamos volver reencontrarnos coas boas sensacións de anteriores partidos e terminar o partido coa portería a cero”.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content