Tobaruela: “Nosas xogadoras teñen que manter a tensión en cada partido”

“Estos son partidos para iso, para compensar con minutos, para dar oportunidades, para intentar sumar e que todas se sintan partícipes deste proxecto”, indicou o técnico.

Vídeo: Roda de prensa completa

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día previo ao encontro da 15.ª xornada, no que a Escola e Fútbol Feminina Rosalía enfrontarase na casa ao Balaidos (domingo, 12.00 h). O técnico declarou: “A ver se seguimos a racha de vitorias e sobre todo unha cousa que para min é moi importante, manter a portaría a cero. A ver se seguimos e conseguimos manter ese nivel dentro da casa”.

“O Balaidos é un rival que pode ter una dobre lectura, normalmente é un rival que fora da casa sempre baixa bastante porque as circunstancias en segunda son indeterminadas. Para os equipos xogar fora é un esforzó extra para moitos equipos e o Balaidos é un deses equipos que fora da casa adoita baixar bastante pero non hai que fiarse de ninguén porque, como se di no mundo do fútbol, a Liga non se gaña nin se perde contra os mellores equipos, gáñase ou pérdese contra todos os equipos”.

Rival
“Balaidos é un equipo correoso, as xogadoras buscan moito o contacto, desprazamento de balón, ten diante una xogadora corpulenta que corre moito e non podes ter descuidos, pero iso pasa en todos os partidos e convén que se dea ese escenario porque as nosas xogadoras teñen que manter a tensión en cada partido e niso estamos tamén e hai que traballalo”.

Próximos rivais
“Agora, volvo insistir, con calquera equipo hai que estar moi atentas. Evidentemente, hai equipos de mais nivel no que os partidos van ser moito mais esixentes, por decilo así. Para a semana que ven temos ao Pontellas, pero gustaría referirme que precisamente nesta xornada hai un partido moi interesante, que é entre o Lóstrego e o Pontellas, que ahí estamos directamente implicadas porque, si o Pontellas consegue vencer ao Lóstrego podemos enxogar a distancia se nós conseguimos a vitoria co Balaidos e se o Lóstrego gaña ao Pontellas, podemos facer mais diferencia nós co Lóstrego e garantir una segunda praza e estar mais cómodas pero como eso non depende de nós, creo que nós temos que preocuparnos de sumar de tres con Balaidos e a ver que pasa nese partido”.

“Vai haber cruzamentos, partidos, nos que se van a perder puntos”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Lóstrego-Pontellas e Pontellas-Rosalía
“Eu creo que agora, as cábalas son as cábalas e, neste sentido, se o Pontellas non consegue nin sumar contra o Lóstrego nin sumar contra nós e nós conseguimos sumar, evidentemente xa se abriría una fenda bastante importante ahí. Eu son dos que digo que vai a haber cruzamentos nos que se van a perder puntos e nós tamén estamos nesa lotería, hai equipos, por exemplo, Porriño, que está experimentando un alza moi grande. Xa cando veu aquí a Oira, ainda que conseguimos gañar 3-0, a min deume unha sensación magnífica e seguen traballando nese sentido. Entón vai haber cruzamentos, partidos, nos que se van a perder puntos, que todos podemos perder puntos e esa é una emoción engadida”.

Rotacións
“Seguimos na mesma liña de rotacións. Vai haber xogadoras que, aproveitando que están mais tocadas, xogadoras que son mais habituais van a quedar xa desconvocadas de entrada e despois vou dar oprtunidade a xogadoras, una delas en concreto que non disputou ningún minuto ata agora, que empezou este ano a xogar e veu de Brasil, Victoria. No sentido que son partidos para iso, para compensar con minutos, para dar oportunidades, para intentar sumar e que todas se sintan partícipes deste proxecto”.

¿Qué tipo de partido esperas?
“Agardo de todas todas, un partido con elas fechadas. De feito, xa fun velas a semana pasada, Lóstrego contra elas na casa do Balaidos e o Balaidos estaba no seu campo, é normal. Por exemplo, a semana pasada xogamos contra o Gondomar e o adestrador tivo, que tamén hai que destacalo, sairon a por nós coa defensa avanzada e contra nós, que somos un equipo que aproveitamos moi ben o espazo e todo o mundo o sabe, pois iso pode ser mais letal pero tamén vir contra nós pode que perdamos o balón no noso propio campo e poidan meternos un gol. Agardo un Balaidos repregado”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content