Rosalía-Orzán: comeza a segunda fase

As de Quique e Castro afrontan en casa o primeiro dos seus próximos dez compromisos polo título da liga Galega Infantil (18.00 h; Rosalía TV-perfil de Facebook).

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil finalizou nunha meritoria segunda posición a primeira fase no Subgrupo C da liga Galega Feminina Infantil. Agora, o noso equipo loitará na segunda fase por lograr o título e mañá enfróntase ao seu primeiro rival, a SD Orzán (18.00; Rosalía TV – Perfil de Facebook). Comezar con vitoria é fundamental para tentar quedar entre os primeiros e así estar entre os equipos que optarán polo título que defende o rival das nosas no Municipal de Oira.

Precisamente nesta segunda fase, na que se conformou un novo grupo cos dous mellores equipos dos subgrupos A, B e C, as nosas chegan xunto a Mos. Así, o Infantil xogará contra o Vitoria FC, Atlético Arousana, Pastoriza, Mos e o propio Orzán.

“Afrontamos esta fase coa mesma ilusión coa que comenzamos a tempada , coa ilusión de seguir medrando e continuar con progreso. Maña teremos un bo test ante o Orzán”, indicou Castro despois do derradeiro adestramento da semana. O corpo técnico citou a estas xogadoras para o encontro de mañá.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Karla.
Defensas: Ainara, Aline, Candela Losada, Lea e Ainhoa.
Centrocampistas: Sabela, Lucía Carral, Andrea, Sofía, Esmeralda e Alba.
Dianteiras: Sara, África, Victoria e Xiana

Orzán
O conxunto da Coruña finalizou o seu subgrupo en segunda posición con 30 puntos, a seis do Pastoriza. O Orzán marcou 85 goles e entre Marta Moreno (23), Sofía (20) e Naiara (14) fixeron 57 desas dianas. En defensa, encaixaron 15 tantos ata a data.

A primeira xornada da Fase Título dará comezo para as pontinas ás 18.00 horas deste sábado no Municipal de Oira, coa arbitraxe do colexiado ourensán Ismael Álvarez Yzquierdo. Ademais, as cámaras de RosaliaTv serán tamén testemuña directa do que suceda na devandita xornada desde o noso perfil de Facebook.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content