Tobaruela: “Se somos capaces de facer o que sabemos facer, o rival ten moi difícil puntuar”

“Agora xogamos contra Racing de Vilariño, despois xogamos contra Unión Guardesa e despois xogamos contra Lóstrego, é unha triada de partidos in crechendo, cada vez mais difícil “, explicou o técnico.

Vídeo: Roda de prensa completa

Tobaruela compareceu ante os medios de comunicación na sala de prensa da a sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía despois do último adestramento previo ao partido da xornada 17 de Liga ante o Vilariño, primeiro despois do último parón (12.00 h; Municipal de Oira). O adestrador dixo: “Estas duas semanas anteriores houbo un parón, primeiro polo Entroido e un segundo porque xogaban as seleccións. Nós, para manter o ritmo de competición, organizamos un partido amigable contra un equipo, Victoria de Santiago, de primeira división e estou moi contento dese partido a nivel futbolístico e tamén serviu ao club para celebrar o día de Rosalía. Tamén se acercou o equipo infantil e así cultura e fútbol deronse a man, que é unha das cousas que perseguimos no Rosalía.”

“Foi un partido contra un equipo moi esixente e temos que ter en conta que compìte una categoría por riba de nós e non so iso, senón que é un equipo que ten xogadoras que alimentan a un equipo que xoga en nacional. Este equipo veu a Ourense coas baixas, precisamente, das xogadoras que foron chamadas pola selección, pero foron sustituidas por xogadoras do primeira equipo de nacional e ainda así eu creo que foi un partido disputado, atractivo e no que as nosas xogadoras pudieron demostrar moitas cousas. A min demostraronme que teñen ben asimilados os conceptos e que estamos traballando no bo sentido”.

Calendario
“Non hai que perder de vista que a partir de agora xa estamos encarando a recta final do campeonato. Quedan agora tres partidos antes de que descansemos porque somos un grupo impar e tócanos descansar e despois xogamos outro partido e xa ven Semana Santa e despois de Semana Santa isto acaba en maio. A Liga acaba en maio e a semana seguinte empeza a fase de ascenso, que polos puntos que levamos imos a estar clasificadas con moita antelación. Agora é costa para arriba e cando é costa para arriba hai que traballar”.

“Está todo rematando e cando a cousa remata as xogadoras teñen esa presión engadida e as nosas van a ser capaces de soportar”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Rival
“Teño comentado en moitas ocasións que cada partido é un mundo. Si tomamos como referencia o partido que xogamos contra elas no seu campo desde un punto de vista do resultado, aparentemente é un equipo que non nos vai opor resistencia. Gañamos 0-6, pero é totalmente enganoso, costounos moitísimo abrir a lata, é un equipo con xogadoras de moita experiencia, que saben ao que xogan, xogan moi xuntas e saben o que facer, pero sobre todo saben cómo correr e cando correr co balón. Os partidos hai que xogalos e a partir de agora vai ser un partido esixente en moitos sentidos porque vai haber outro componente que ata agora non se deu, que está todo rematando e cando a cousa remata as xogadoras teñen esa presión engadida e as nosas van a ser capaces de soportar”.

Presión
“Somos un equipo moi novo e tivemos partidos dun nivel, como este pasado contra Victoria, altísimo, tanto de concentración como de xogo en moitos sentidos, pero nun equipo novo pode presentarse un partido un pouco de costas e, por inexperiencia, empezar a non carburar como nos pasou contra o Arenteiro na casa, polo que fose, pola presión ás nosas xogadoras costáballes facer seu xogo habitual. Entón estamos traballando niso e creo que elas están progresando niso e teremos que estar atentas”.

Moitos días despois da vitoria fronte Pontellas
“Eu creo que, por unha parte está na memoria, por iso o sentido deste amigable. Hai que pensar que competimos contra un equipo infinitamente superior ao Pontellas e xogamos de ti a ti, querendo o balón, controlando diversas fases do partido, co cal obxectivo cumplido, refrescar a memoria, a competición está aquí e seguir xogando”.

Claves vitoria
“De aquí ata o final de Liga sigo pensando o mesmo. Agora xogamos contra Racing de Vilariño, despois xogamos contra Unión Guardesa e despois xogamos contra Lóstrego, é unha triada de partidos in crechendo, cada vez mais difícil e sigo pensado, desde o primeiro este ata o último contra o Lóstrego, que dependemos de nós. Se somos capaces de facer o que sabemos facer, o rival ten moi difícil puntuar”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content