Saa: “Ata pasada a primeira volta, non se pode avaliar ao 100% en que lugar está cada un”

“Están con gañas, están con gañas de competir e de facer bo papel e vexo a todas as xogadoras moi metidas na competición”, dixo o técnico.

Miguel Saa compareceu na sala de prensa da sede da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía tralo último adestramento previo ao estreo do equipo no Monte da Aira (domingo, 12:00 h). O técnico dixo: “Outra vez un partido complicado, no que temos unhas rivais que veñen con tres puntos logo da primeira xornada e se queremos conseguir competir esta competición temos que facer un bo papel sen dúbida”.

“Evidentemente claro que é importante intentar gañar a nivel competitivo polo feito de xogar contra unas rivais que xa teñen tres puntos, pero segue sendo enganoso polo feito de que o Comercial, creo que é un dos grandes competidores de este grupo, ten unha xornada menos. Realmente, ata pasada a primeira volta, non se pode avaliar ao 100% en que lugar está cada un”.

Sensacións
“A verdade é que foi un partido no que saes coa sensación de que podes ter un pouquiño máis un dominio claro do esférico pero como que estivemos moi precipitadas, sobre todo no primeiro tempo. Fáltanos iso, un pouco de claridade de ideas e velocidade mental á hora de tratar de xogar e combinar. Pero tamén era o primeiro partido oficial, no cal sempre implica ese tipo de nerviosismo e esperemos que agora, pouquiño a pouco,  co paso da competición e xa estando asentadas vaiamos mellorando”.

Monte da Aira
“Ao final xogar na casa sempre gusta, xa se viu no partido amigable contra o Lugo, que ao final hai máis ambiente e coñecidos que poden vir a velas e sempre é unha motivación extra poder xogar na túa casa, onde adestras todos os días e si, con moitas gañas de voltar a xogar en Velle”.

Momento do equipo
“Están con gañas, Temos que dicir que o equipo, dende que viron a competición xa presente, están moitísimo máis involucradas, moita máis asistencia aos adestramentos, moita máis intensidade, máis traballo… A verdade vexo ao equipo máis metido. Están con gañas, están con gañas de competir e de facer bo papel e vexo a todas as xogadoras moi metidas na competición”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content