Saa: “O obxectivo é manter a tensión competitiva da semana pasada”

O partido vaise a definir na concentración, a que menos erros cometa vai gañar e serán os pequenos detalles os que definan o choque“, declarou o adestrador.

O adestrador da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, Miguel Saa, atendeu aos medios de comunicación nunha roda de prensa telemática na previa do partido de Liga fronte ao Peñasco (domingo, 12:00 h; Municipal de Oira). O técnico dixo: “Esperemos que si, que podamos realizar o noso xogo e que elas veñan tamén con vontade de realizar un gran partido e iso permita á xente divertirse”.

“Realmente nin gañando vas estar seguro arriba, nin perdendo non poderás optar ás prazas de playoffs. O partido válenos para traballar, crecer e vivir partidos complicados contra boas rivais que sempre nos serven como experiencias que fan crecer ao equipo para futuros partidos”

Tres puntos importantes
“A vitoria ou non a día de hoxe non é o noso principal obxectivo. Os tres puntos son importates para poder seguir na liña das últimas semanas e, por suposto, queremos gañar, pero máis importante é facelo ben, tal como pedímoslle ás nosas xogadoras”.

“O obxectivo é manter a tensión competitiva da semana pasada”

Miguel Saa, adestrador EFF Rosalía Senior

Boa imaxe a semana pasada
“O equipo vén de 45 minutos contra Valladares e setenta contra Balaidos de gran xogo. O obxectivo sen dúbida é manter esa tensión competitiva e prolongar ese estado de concentración os noventa minutos”.

Tamara
“Non, sinceramente preocúpame máis como lle chegan eses balóns a Tamara e de que xeito xera o Peñasco as ocasións que o feito de que despois ela os finalice. Ela, habendo xogado no Olivo, sabemos que a súa calidade é indubidable, pero sóla contra once nosas non nos vai a gañar”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content