A centrocampista chega ao noso equipo despois de cinco anos sen xogar.
Soraya Campos é nova xogadora da Escola de Fútbol Feminino Rosalía. A centrocampista ourensá, de 34 anos, chega ao noso club despois de cinco anos sen xogar. Antes das últimas cinco tempadas, onde por motivos persoais, non xogou en ningún equipo, formou parte do Puentearnelas na campaña 2018/19 no Grupo 3º da 2ª División Feminina. Antes, formouse e debutou no fútbol no Barbadás.
Xogadora experimentada cunha dilatada traxectoria de 11 anos, desembarca no noso club co seguinte currículum deportivo:
- 2008-2011 Carballiño F.S.
- 2010-2012 SD Barbadás Femenino
- 2013/14 SD Amanecer Femenino
- 2014-2017 Noalla SD
- 2018/19 SD Puentearnelas
Tras a firma, a nova centrocampista, indicou que “decidín unirme ao Rosalía porque vexo que é un equipo con certos valores que encaixan nos proxectos que me gustan levar a cabo, como son a constancia, a loita e a disciplina nos entrenos. É un equipo que ten un traballo por detrás interesante”. Como xogadora define que “non estou no meu mellor momento, porque estiven bastante tempo parada, pero considerome una persona que me exijo dar sempre o mellor e apoiar no máximo que poda as compañeiras”. Xa, dentro co campo, indica que “xogo de medio campo ainda que, últimamente, de lateral me sinto bastante cómoda”.