Tobaruela: “As xogadoras véxoas con gañas de xogar”

“Cando empezas a Liga, o que queres é xogar cada fin de semana”, añadiu o técnico.

Vídeo: Roda de prensa de Pere Tobaruela

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día previo ao partido da oitava xornada de Liga contra o Ponteareas (12:00 h; Domingo). O técnico analizou o encontro que afrontarán no Municipal de Oira: “Xa había gañas. Somos o único grupo impar y esto da que hay un equipo que ten que descansar cada fin de semana”.

“Cando empezas a Liga, o que queres é xogar cada fin de semana e as xogadoras véxoas con gañas de xogar”.

Dous paróns nun mes
“Creo que eses paróns non van ben. Cando colles a dinámica do xogo o interesenta é xogar cada fin de semana e noto, sobretodo na concentración, perdes a concentración e hai que volver a coller o ritmo pero é o que hai”.

Derrota e descanso
“Cando sufres una derrota o mellor antídoto é xpgar canto antes. Xogar canto antes por duas cuestión. A primeira, porque queres reverter a situación, volver ganar e segunda porque toda esa rabia que levas dentro, que levan as xogadoras, podes canalizala en positivio e teñen, como ese plus de motivación. Cadrou así o calendario e así tivemos que facer”.

“Está da miña man intentar que as xogadoras non se relaxen”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Rival
“Eu intento que diante de rivas que aparentemente son febles, pois non haxa una relaxación. As xogadoras son concientes en qué situación da táboa chega o rival e non podemos obvialo. É un rival que ainda non puntuou e non se trata de puntuar ou non, senón que perdeu abultadamente. Está da miña man intentar que as xogadoras non se relaxen e sobretodo seguir traballando na liña que estamos traballando para que cando cheguen os partidos, teóricamente, máis difíciles todo flua mellor”.

Rotacións
“Eu fago una reflexión dos partidos que levamos e eu doume de conta das xogadoras que están traballando mais (falo de nivel de partido). Evidentemente eu teño que facer rotacións porque, para min, é unha premisa que é imnegociable, que é que polo menos a que salte ao campo traballe todo o tempo salganlle as cousas mellor ou peor. Entón eu estou intentando facer as rotacións e premiando as que mais traballan e facéndolle ver as que menos traballan no campo que se dean de conta que cando se salta ao terreo de xogo hai que currar”.

Rematando o ano
“Quedannos dous partidos mais e tocaba descansar outra vez pero xa temos disposto un partido amistoso para que non pase novamente que agora paras, agora empeza de novo, agora para, agora empeza de novo. En total, ademáis deste, quedan dous de Liga e un amigable antes de despedir o ano”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content