Tobaruela: “Dominamos o balón en todo momento”

“Diante dun equipo fechado no seu campo e ben ordenado, sempre é difícil atacar e conseguir marcar”, añadiu o técnico

Pere Tobaruela compareceu en zona mixta do Municipal de Pardellas despois do duelo de correspondente á 21.ª xornada de Liga, no que a Escola de Fútbol Feminina Rosalía venceu ao Ponteareas: “A fotografía do partido contra o Ponteareas é moi elocuente: estivemos 90 minutos en campo contrario e as rivais só chegaron unha vez a porta sen conseguir finalizar. As de Ponteareas estiveron moi ordenadas en defensa e, como lle dixen ao seu adestrador ao final, fixeron un moi bo traballo neste sentido ata mediada a segunda mitade”.

Goles na segunda parte
“Diante dun equipo fechado no seu campo e ben ordenado, sempre é difícil atacar e conseguir marcar. Na primeira non fomos quen de estrear o marcador, o cal non quere dicir que non tiveramos ocasións. Nese sentido no primeiro tempo estivemos pouco acertadas e incluso fallamos un penalti. Na segunda a situación cambiou e, malia ter menos oportunidades claras que na primeira mitade, marcamos os goles”.

Cambios
“Está claro que ás veces os cambios axudan en moitos sentidos, e contra o Ponteareas foi un factor máis para desequilibrar o marcador. O outro factor foi a acumulación de cansanzo por parte das rivais. Dominamos o balón en todo momento con moitos cambios de orientación e xogadas que esixiron moito desgaste físico ás rivais”.

Debutantes
“Para o partido convoquei a Miriam e a Claudia. Ambas as dúas tiveron ocasión de xogar. Miriam xa debutara no primeiro partido de liga e neste estivo na súa liña: unha xogadora solvente, segura e moi lista. Claudia debotou con nós e fixo o que esperaba dela: é unha extremo moi rápida e forte que sabe atacar moi ben o espazo con e sen balón. Estou moi contento da actuación das dúas. Isto non é outra cousa que unha constatación de que se está a traballar ben nas categoría inferiores do club”.

“De aquí a final de liga pode pasar calquera cousa”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Novo partido sen recibir goles
“Seguimos sumando de tres para manter a presión ao líder, aínda que ata polo menos o mércores somos nós as líderes xa que o Lóstrego adiou o seu partido ata o mércores para poder, como fai decotío, aliñar ás xogadoras que teñen ficha co equipo B e que xogan no A. Sumar de tres sempre é importante, si, pero manter a portería a cero tamén. E conseguímolo outra vez. Toca seguir traballando porque de aquí a final de liga pode pasar calquera cousa. Temos que enfrontarnos a varios rivais que nos van poñer as cousas difíciles. E iso sempre é bo para a competición”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content