Rosalía-Gondomar: Comeza a Liga

As de Pere Tobaruela reciben ao Gondomar FB na primeira xornada (12:00 h, Municipal de Oira).

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía arrinca hoxe unha nova edición da 2ª División Autonómica Feminina e o seu primeiro duelo será en Municipal de Oira fronte ao Gondomar FB (11:00 h). O conxunto pontino, loitará por gañar ao Gondomar, que acabou pechacancelas na última edición.

O noso equipo chega a este cita tras gañar contra o Cacheiras. grazas a un tanto de Ester e outro de Silvia Chao. Ambas forman parte das xogadoras convocadas por Pere Tobaruela. En fronte terá un rival que seguro tentará mellorar os números da pasada campaña e tentar sumar puntos desde a primeira xornada.

Chao volve a unha convocatoria oficial un ano despois.

Será o primeiro do catro choques que ten que disputar o noso equipo en outubro. Despois do encontro de mañá en Oira, as de Tobaruela visitarán Vigo para enfrontarse ao Balaidos (domingo 9) e oito días máis tarde volverán ao Municipal de Oira para medirse ao Pontellas na Ponte (domingo 16, 12:00 h), para terminar o mes viaxando a Nigrán para medirse fronte a Racing de Vilariño.

“Temos toda a ilusión do mundo para empezar ben a tempada”, declarou Tobaruela na rolda de prensa previa ao partido ante o Gondomar, que volve a Oira once meses despois. Na convocatoria do técnico catalán para dar inicio á liga estarán Candela Bouzas e Zaira, goleadoras no partido da pasada campaña en Oira.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Noa, Matilde, Laura, Sabela, Miriam e Lucía Pérez.
Centrocampistas: Bonjoch, Fara, Ester, Candela, Aroa e Antía.
Dianteiras: Noui, Zaira e Silvia Chao.

Precedentes
O Gondomar non realizou unha boa actuación a pasada tempada ao pechar a clasificación do Grupo VI. Agora tentará dar un paso máis no seu inicio na liga cun bo resultado a domicilio. O noso equipo non xogaba na casa desde abril, cando logrou unha vitoria por 9-0 fronte ao Porriño Industrial xa con Pere Tobaruela no banco pontino.

O partido estará dirixido polo colexiado do comité técnico ourensán, Alex Martín Rodríguez.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content