Tobaruela: “Gañar si, pero cumplindo co traballo establecido”

Pere Tobaruela compareceu en zona mixta do Municipal de Oira e analizou a vitoria da Escola de Fútbol Feminina Rosalía contra o Gondomar, na estrea das pontellas na liga: “Máis alá do resultado, quedo con que as xogadoras levaron a cabo ben o plan de partido previsto, de acordo ao noso modelo de xogo”.

“Cando xogan dous equipos de moi diferente nivel no é bo para ningunha das partes”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía

Demasiada diferenza
“Segundo a adestradora do Gondomar, ten moitas xogadoras que están empezando a xogar a fútbol, de aí a diferenza entre os dous equipos. Esta tempada vai haber descensos coa pretensión de crear unha terceira división. Coido que así vaise equiparar o nivel. Cando xogan dous equipos de moi diferente nivel no é bo para ningunha das partes”.

Empezar gañando
“Sumar de tres é importante se queres estar na parte alta da táboa e posicionarte ben de cara as eliminatorias de ascenso. Gañar si, pero cumprindo co traballo establecido”.

Relaxación
“En certa maneira, a diferenza grande no marcador fai que as xogadoras perdan a concentración. É o que dicía antes, a diferenza de nivel non é boa”.

Noa
“A nota negativa do partido foi, sen dúbida, a lesión de Noa. Os primeiros prognósticos fan pensar que, dentro da gravidade, foi mellor do que podía ser. Só queda agardar unha boa recuperación de Noa“.

Diana, dando instrucións a Gabriela antes de saltar ao terreo de xogo.

Pola súa banda, a adestradora de Gondomar, Diana Olla, atendeu á nosa web para analizar o partido: “O Rosalía é un equipo experimentado, que move moito o balón, ben traballado e nós temos a metade do equipo que acaba de empezar agora en fútbol e, pola nosa banda, queda moito traballo en pase, control, levantar cabeza, colocación, é dicir, queda moito traballo por diante. Son nenas moi noviñas, a inmensa maioría son infantís e a seguir traballando e pelexando”

Equipo novato
“A maioría son infantís, temos tamén varias cadetes e algunhas tocaron un balón por primeira vez este ano. Entón fáltanos moito traballo por diante e para iso estamos”.

Moita diferenza
“Un equipo que acaba de empezar con outro veterano, a diferenza é enorme evidentemente”

Plan da temporada
“O que queremos crear é unha base, para o seguinte ano poder traballar sobre esa base e xa poder competir. Esta primeira volta, sabemos que vai ser moi difícil, oxalá despois de navidad, en xaneiro ou febreiro poder empezar a competir un pouco e ter máis idea, gozar un pouco máis para crear unha base para o ano que vén ter un grupo máis feito, máis unido, máis traballado, para poder traballar e facer mellores partidos e poder competir e tentar quedar o máis arriba posible”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content