14-0: Preséntanse cunha goleada

Un hat-trick de Ester, os dobretes de Candela, Zaira e Fara e os goles de Chao, Sabela, Noui e Antía completaron un marcador incontestable no comezo da liga 2022-23.

Gran vitoria da Escola de Fútbol Feminina Rosalía no Municipal de Oira fronte ao Gondomar FB para dar inicio á tempada. Espectacular Ester, que marcou tres goles. Zaira, Candela, Silvia Chao, Sabela, Fara, Noui e Antía foron as autoras dos outros 11 tantos azuis. Tras este triunfo, as xogadoras de Tobaruela colócanse líderes do Grupo V da 2ª División Autonómica Feminina. As xogadoras do Rosalía tiveron un control total do xogo desde os primeiros minutos. Este dominio viuse plasmado no marcador cun resultado contundente (14-0). Na primeira metade chegaron o cinco primeiros goles do equipo e na continuación da segunda os outros nove goles.

” Seis cóners a favor nos primeiros dez minutos”

O noso equipo saíu ao campo exercendo unha boa presión e dominando o ritmo do partido. Desde os primeiros compases do partido, o conxunto azul puxo todas as ocasións e exerceu unha boa presión na saída de balón do cadro gondomarés. No primeiros dez minutos xa tiña 6 córneres a favor. Adiantouse o noso equipo cun disparo de Candela que non acerta a despexar a gardameta rival (12′) e catro minutos despois, Zaira avisa do que faría na seguinte xogada cun tiro ao pau. A dianteira barbadesa non falla en boca do gol un pase de Ester á área pequena (2-0). Aos 21 minutos de xogo, Lucía ampliou a vantaxe ao cabecear un córner botado por Zaira. Xogada que foi o precedente á nota triste do encontro. Noa despexa presionada por unha rival e ao caer torce o xeonllo e ten que ser retirada do campo con fortes signos de dor. A pesar da mala noticia, as de Tobaruela seguiron presionando e novamente Candela, cun chute desde o bordo da área, supera a Alejandra (4-0). A falta de dez minutos para o descanso, Chao recolle un balón na área e dun forte tiro sobe o quinto, resultado co que terminarían os primeiros 45 minutos.

Ester golea e Fara marca o gol 300 do equipo senior
Tras o paso polos vestiarios a tónica foi a mesma do primeiro tempo. Un minuto despois da continuación, Zaira bateu a Alejandra a porta baleira despois de varios tiros de Noui. O sétimo chegou tras un internada de Ester polo sector esquerdo, o seu pasa atrás remátao Sabela á rede (48′). As ocasións chegaban desde o flanco esquerdo, o oitavo tras unha boa xogada dentro da área de Ester ao recoller un centro de Candela. Fara entraba por Zaira aos 55′ e oito despois marcaba o gol 300 do equipo senior. Candela cóase entre a defensa rival, cede a Fara, escapa en velocidade de Verónica e Lara para bater de tiro cruzado a Alejandra na saída (9-0). Ester lograou o segundo da súa conta tras un saque de banda ao rematar sen oposición dentro da área. O partido era un monólogo de ataques locais, subindo outros catro goles ao marcador nos ultimos dez minutos. Fara (80′), Noui (85′), Ester completando o seu ‘triplete’ tras unha boa asistencia de Fara aos 86′ e Antía cerraban a goleada a falta de 3 minutos tras unha boa xogada por banda dereita visitante, internarse na área e superar por baixo á gardameta rival (14-0).

Fara marcou os goles 250 e 300 do equipo senior.

Finalmente, vitoria contundente das pontinas que suman o primeiros tres puntos da tempada nun partido marcado pola lesión de Noa. As azuis colócanse líderes por diferenza de goles, empatadas con Lóstrego ‘B’, Pontellas, Cañiza, San Mateo e Arenteiro, nunha xornada sen empates.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content