Tobaruela: “Hai que pensar que son 180 minutos”

“Non son noventa e hai que saír con esa idea”, añadiu o adestrador.

Vídeo: Rolda de prensa completa

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día antes de enfrontarse no Campo da Granxa ao Domaio CF na ida da final da fase de ascenso (18.30 h; Youtube EFFRosalía): “Primeiro de todo, teño que dicir que estamos onde queríamos estar e todo iso é gracias ao esforzo e o traballo das xogadoras. Unha vez mais o seu traballo levounos a ter esa vantaxe cun mellor coeficiente polos puntos que conseguimos. O Domaio tamén foi segundo no seu grupo pero nós temos mellor coeficiente polos puntos conseguidos. Entón, teño paramelizar, pois iso, ás xogadoras. Nesta final, xogar o partido de volta na casa é esa vantaxe que gañaron no campo”. 

“Polo que fai ao rival, evidentemente, o Domaio está na final por méritos propios despois de derrotar ao que para min era o gran favorito desde cruzamento que tiñamos que facer. O Calo non perdeu ningún punto no seu campo, ademais é un campo onde ten un apoio da afección moi grande e agora tócanos enfrontarnos a elas e toca preparar o partido”.

Eliminatoria
“Imos este domingo a Moaña e para o seguinte domingo xogaremos na casa. Desde un punto de vista do equipo, creo que se enfrontan dous equipos moi diferentes. Estruturalmente, o Rosalía é un equipo con categorías inferiores, o Domaio só ten a categoría sénior e desde o punto de vista das xogadoras, xogamos contra un equipo de xogadoras xa veteranas e cónstame que tres delas xa xogaron en categoría nacional, fronte as nosas xogadoras, xogadoras novas de club. A partir de aquí, toca xogar cada quen as súas cartas”.

Rival con temporada irregular
“Nese sentido, pódese dicir que o Domaio tivo unha tempada bastante irregular, gañou ben e empezou a tempada súper ben e despois foi oscilando, pero despois retomou o pulso da competición e rematou en segundo lugar nun grupo que como o noso era bastante complicado, pero como pasou nos cuartos de final e na semifinal, todo iso chegados a este punto non vale. Empezamos de cero, agora é diferente á semifinal e cuartos de final porque é ida e volta. Agora hai que xogar e entran moitos ingredientes nesta final, iso ao que me refería da veteranía delas á xuventude nosa, que encaixáramos nós moi poucos goles pois tampouco ten que ver. Quero dicir, que a partir de agora hai que xogar 180 minutos que van ser longos porque xogamos contra un rival que vai ser duro de pelar”.

Precedente nun amigable
“En decembro houbo un parón longo, entón eu pedín disputar un partido contra un dos ‘galos’ do outro grupo para ver como estábamos. Daquela, creo que o Domaio estaba primeiro de grupo creo recordar, senón hai arriba e fomos a súa casa con bastantes baixas porque sabes que cando hai descanso hai moitas xogadoras que teñen compromisos e fomos con bastantes baixas. Alí tiven que facer bastantes retoques técnico-tácticos que despois, mais adiante, servíronnos para aplicalos a outros partidos e un partido amigable non serve absolutamente de nada, non hai tensión competitiva, fanse probas, fanse moitas cousas que non valen absolutamente de nada. Un partido amigable é un adestramento de calidade”.

“Saben o que teñen que facer para conseguilo, que é xogar”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía Sénior

Eliminatoria a dobre partido
“Hai que pensar que son 180 minutos, que non son noventa e hai que saír con esa idea  que sempre lles digo as xogadoras, saltamos ao campo, metemos un gol e hai que seguir, metemos outro gol, hai que seguir, métennos un gol, hai que seguir, métennos dous goles, hai que seguir. 180 minutos pensando que agora o premio é desexado por parte das xogadoras e saben o que teñen que facer para conseguilo, que é xogar”.

Nervios
“O estrés competitivo, que son os nervios, pódese vertebrar dunha maneira positiva ou dunha negativa. Haberá xogadoras que poidan con iso e xogadoras que se notará, pero é unha lotería, as rivais tamén lles vai a pasar o mesmo por moito que digan que non agardaban que ían chegar aquí e estar mais relaxadas, iso non o creo”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content