A EFF Rosalía Infantil gaña no último partido da temporada

Derrotou ao Vitoria FC cos tantos de Sofía, Andrea e Sara (3). Partido na xornada que pecha a Fase título e a tempada.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil despediu a tempada 2022/23 con vitoria. As xogadoras de Quique e Castro golearon ao Vitoria CF no partido que pechaba a Fase título da liga Galega Feminina Infantil. Adiantáronse as nosas na primeira metade cos tantos de Sofía e Andrea, para na segunda rubricar o triunfo cun ‘hat-trick’ de Sara no Municipal de Oira.

O último partido da tempada arrincou cunha boa ocasión para as pontinas: un remate de Sara aos dous minutos que pega no lateral da rede. Inmediatamente despois, unha aínda máis clara. Sofía centra desde o sector esquerdo e África primeiro, Sara despois non acertan a rematar en área pequena e o posterior disparo de Lea remátao África e o seu remate deteno María. O Infantil non perdeu a calma e seguiu ao seu, manexando a posesión e creando perigo. Sofía caza un balón en longo de Karla na frontal pero o seu remate blocao abaixo María, antesala do seu gol. Na posterior xogada, mesmas protagonistas para a chegada do 1-0. Foi no 9′, Karla envía un balón en longo desde a súa área que a interior controla entra as centrais e culmina cruzando o esférico ante a saída da gardameta rival. No 18′, Andrea fixo o segundo ao rematar un rexeite de María a unha vaselina de Sara en liña de gol. Un minutos despois puido ampliar a vantaxe Rosalía. Novamente Andrea crea perigo, pero a dianteira non acerta rematar a asistencia de Sofía.

Vídeo: Partido completo.

Na segunda metade o noso equipo non baixou a intensidade e en apenas 2 minutos encarrilou a vitoria con dúas tantos máis, ambos de Sara. No 48′, a dianteira recolleu un pase ao espazo de Andrea e coa dereita bateu a María Lalín. No 50′, converteu no 4-0 o penalti provocado por Ainara tras un saque de córner que cortou co brazo Shaila. Rosalía seguía sendo superior e no minuto 62′ Sara completou o seu hat-trick no definitivo 5-0 cun remate raso desde o punto de penalti ao centro de Lucía Carral. Desta maneira, o noso Infantil dá por terminada na tempada logrando o terceiro posto na Fase título, empatando a puntos con Orzán, segundo clasificado.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content