O primeiro partido disputarase esta tarde ás 18.30 horas e poderase seguir a través de RosalíaTv na canle de Youtube do club.
Chegou o momento que todas esperaban. A Escola de Fútbol Feminina Rosalía afronta na tarde de hoxe a ida da final polo ascenso a 1.ª División Feminina Arzúa-Ulloa DOP ante o Domaio CF, e farao nun campo de fútbol da Granxa que, seguro, mostrarase entregado ás súas, por eso non hai que fiarse dun rival moi duro na súa casa.
Non será fácil, pero ben é certo que hai que apelar ao momento do equipo e ao alento da #febreazul que acompañará ao equipo para sacar un bo resultado para unha volta que, sexa cal fose o resultado deste primeiro envite, será farto complicada. As de Pere Tobaruela chegan con moi boas sensacións tras superar as dúas primeiras eliminatorias. Cabe lembrar que, en cuartos e semifinais, o equipo sacou bos resultados ante Chantada e Silva (5-0 e 4-0). Esquecido ten que quedar o amigable entre ambos equipos en decembro do ano pasado no mesmo escenario que hoxe, con vitoria das nosas.
Pola súa banda, o Domaio CF aterra nesta final coa moral polas nubes. Tras conseguir unha espectacular vitoria en terras santiaguesas ante todo un Calo, invicto ata a data na súa casa, conseguiron liquidar seu pase á final ante as santiaguesas e de que maneira, cunha goleada anotando cinco tantos e encaixando dous.
Así as cousas, non cabe relaxación algunha, as pontinas deben dalo todo desde o primeiro minuto ata o último do engadido xa que agora, tanto un como outro equipo loitarán con uñas e dentes por lograr esa praza en 1.ª División. A convocatoria de Tobaruela, que non poderá contar con Lú, Chao, Ester e Clau, compóñena as seguintes xogadoras:
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Rosalía e Karla.
Defensas: Noa, Sabela, Sampayo, Matilde, Laura, Miriam e Feijóo.
Centrocampistas: Candela, Aldarita, Bonjoch e Antía.
Dianteiras: Zaira, Vicky e Noui.
Domaio
O equipo moañés quedou encadrado no Subgrupo VI durante a tempada regular. Grupo no que foi subcampión con 63 puntos, dos cuales 31 foron en casa cun balance de 10 vitorias, un empate e 2 derrotas nos trece partidos disputados na Granxa. As vermellas son un equipo ofensivo, logrando 107 goles en 26 encontros, destacando neste apartado Lara Boubeta, pichichi con 40 goles. Chegan á final despois de superar a Santo Mateo nos cuartos de final tras reclamar aliñación indebida das ‘laranxas’. En semifinais, golearon ao Calo a domicilio por 2-5 tras darlle a volta ao gol inicial das santiaguesas.
Coa arbitraxe do colexiado vigués Luis Lois Carro, axudado polos asistentes Luis Hernanz Nieto e Rodrigo García Cochón, o choque dará comezo ás 18.30 horas de hoxe coas cámaras de RosalíaTv en directo.