“Non te podes fiar de ninguén”, añadiu o técnico.
Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da Escola de Fútbol Feminina Rosalía antes do último adestramento previo a enfrontarse no Municipal de Oira ao Silva nas semifinais da fase de ascenso a 1.ª División Feminina Arzúa-Ulloa DOP (12.00 h; Youtube): “Enfrontámonos contra o Silva e eu remítome as palabras que utilicei neste derradeiro partido contra o Chantada, empezamos de cero. A único partido o único que podo dicir, que podo facer é potenciar o noso modelo de xogo, estudar ao contrario, como xa fixen, buscar os puntos febles e saír á disputa ao 125% e mais nada”.
“Temos a vantaxe de xogar en Oira, como lle dixen as xogadoras foi ao seu esforzo de toda a tempada cos bos resultados que tiveron como premio, tanto os cuartos de final como agora a semifinal, que xoguemos na casa. Iso imos facer, saír como o outro día con todo e a polo partido”.
Eliminatoria a partido único
“Cando dicía que empezamos todos de cero é porque caeu a Pastoriza, un primeiro, na primeira eliminatoria. Entón, non te podes fiar de ninguén porque os partidos, tenos pasado as nós durante a tempada, merecer ganar e acabar perdendo. Detrás de cada partido ou en cada partido hai un mundo de cousas, de circunstancias e remítome ao partido que tivemos contra o Chantada. Aparentemente nós gañamos ben, pero quero lembrar que despois de irnos 1-0 tivemos un fallo defensivo que a piques estivo de custarnos o empate. Son as circunstancias, o azar e un gol nun momento determinado pode cambiar o rumbo do partido e temos que estar atentas dende o primeiro momento”.
Xogar en casa
“É un plus e é un premio a tempada, a boa tempada que fixo o equipo. Se existen talismáns, haberá que pensar que Oira é un pouco talismán de boa sorte e os resultados avalan as miñas palabras”.
Sorpresa coa eliminación do San Mateo
“Hai que ter moito coidado con esta eliminación do San Mateo por aliñación indebida. Hai que mirar moi ben o que se fai e creo que un partido de fútbol empeza desde a propia directiva cando elabora cando elabora os planteis, cando saben a normativa e fan ben as cousas e neste sentido nós non temos problema ningún de estar pendentes de se xogan mais ou menos xogadoras porque está todo ben feito dende un primeiro momento. San Mateo tivo un descoido, supoño que non de maneira voluntaria, pero esas cousas, como se demostra coa súa eliminación, pasan factura”.
Estado físico das xogadoras
“As xogadoras chegan nun bo momento e non chegan cargadas polo exceso de partidos ou porque estamos a estes momentos da tempada, senón porque o partido foi intensísimo. O resultado engana, saímos contra o Chantada, teoricamente un rival que xa derrotamos na pretempada e todo parece fácil de saída, pero as nosas xogadoras parece que o fan tan fácil que sexa fácil ganar e para nada. Dou fe que tiveron que dar o mellor de si para dobregar ao Chantada e así vai a ser ata o final, ou ascendamos, ou cheguemos á final, cada partido que nos queda vai ser así”.