Tobaruela: “O domingo é un dos partidos que apetece xogar”

“Si no primeiro cuarto de hora non saes a por todas xa, podes atoparte con un ou dous goles en contra e despois tes que remar ainda mais” , explicou o adestrador.

Pere Tobaruela compareceu ante os medios de comunicación na sala de prensa da sede da EFF Rosalía na previa da partida fronte ao Pontellas, correspondente á 3ª xornada de Liga (domingo, 12:00 h; Municipal de Oira). O técnico analizou o estado do persoal: “Ás poucas estamos entrando en competición. Temos un hándicap, que son os primeiros quince minutos, que parece que saimos adormecidas aos partidos. Estamos traballando niso, as xogadoras xa o captaron. Nese sentido, temos que competir desde o minuto cero e, polo demais, moi ben”.

“Estamos asimilando diferentes conceptos, estamos facendo diferentes sistemas de xogo, que están asimilando ben e, este domingo, poremos en práctica un deles”.

Rival complicado
“Efectivamente, esta xornada, dende meu punto de vista, xogamos contra un dos equipos mais fortes e correosos da categoría. Pontellas é un equipo que este ano inugurou a sección feminina, pero hai que saber que esta sección feminina esta conformada por oito xogadoras que o ano pasado eran titulares no Mos ‘B’. Así que non se trata dun equipo sen experiencia, todo o contrario. Un equipo experimentado que estiven vendo o outro día e confirmeino”.

Base do Mos ‘B’
“O perigo real é ese grupo de xogadoras. Son sete, con duas porteiras e evidentemente non poden xogar duas porteiras e, fixándote nas actas doutros partidos, estas xogadoras sempre xogan. Falamos de que é un grupo compacto de xogadoras”.

Relaxación inicial
“Evidentemente, a relaxacións inicial creo que é un hándicap moi grave contra equipos do potencial do Pontellas. Si no primeiro cuarto de hora non saes a por todas xa, podes atoparte con un ou dous goles en contra e despois tes que remar ainda mais”.

Recuperar efectivos
“Creo que xa o cometara na primeira xornada, son cousas do fútbol, recuperas, tes baixas, tes altas e si, coincide que para este partido teño que deixar a alguna fora da convocatoria por decisión técnica, non por lesión”.

“Si xogamos contra un equipo mais potente e xogamos ben, é que estamos en camino de facelo ben”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Tres puntos importantes
“Non deixa de ser unha Liga, unha competición de moitos partidos e eu, en vez de decir ‘tres puntos importantes’, eu diría ‘un partido dos que apetece xogar’, dos que tamén poden servir un pouco de termómetro para saber onde estamos a nivel competicional. Si xogamos contra un equipo mais potente e xogamos ben, é que estamos en camino de facelo ben”.

Equipo forte, mellor en casa primeiro
“Esa é unha cuestión que non se pode elexir, pero si. Empezar na casa contra un equipo como o Pontellas sempre da un plus de ánimo, de ventaxe, non tes que viaxar. O feito de non viaxar xa é un plus”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content