Rosalía-Mos: Duelo de altura para comezar

A EFF Rosalía Cadete inicia este sábado a competición ante o Mos, unha das mellores canteiras de fútbol feminino do sur de Galicia.

A Escola de Fútbol feminina Rosalía inicia este sábado a competición da Liga Galega Cadete Feminina. As pontinas enfrontaranse ao Mos co obxectivo de iniciar o curso da mellor maneira posible.

As azuis viviron unha pretemporada atípica, ao ter soamente un amigable de preparación, aínda así, Alberto Tamayo ten plena confianza nas súas xogadoras. Esta xornada será unha gran oportunidade para poñerse a proba e demostrar todo o traballado en pretemporada, onde as pontinas seguirán sumando minutos de preparación. Ademais, diante estará un rival, que a pasada tempada quedou un posto por encima das azuis na táboa.

O equipo perdeu no verán a varias xogadoras, ao tomar parte do persoal do equipo sénior, pero reforzouse coa chegada de novas xogadoras, do equipo infantil e como novas integrantes do club. Entre as novas estarán na convocatoria de 16 xogadoras, Noa Sanz ou Paula.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA

Aldara, Paula, Alma, Noa Sanz, Lucía Novoa, Aitana, Nair, Antía, Claudia Castro, Caride, Xiana, Sanmiguel, Irene, Cougil, Candelita e Blanca.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content