A seguir co bo inicio de Liga

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía recibe ao Pontellas na terceira xornada do campionato (12:00 h, Municipal de Oira).

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía afronta mañá no Municipal de Oira a terceira xornada de Liga (12:00 h). As de Tobaruela iniciaron con bo pé a competición e ante o Pontellas buscarán sumar o seu terceiro triunfo seguido para manterse invictas no campionato.

O noso equipo tentará dar continuidade á gran capacidade ofensiva mostrada neste arranque de Liga. Rosalía foi a máis goleadora das dúas primeiras xornadas con 22 dianas. Este encontro será o último en casa neste mes de outubro.

“En vez de decir ‘tres puntos importantes’, eu diría ‘un partido dos que apetece xogar’, dos que tamén poden servir, un pouco, de termómetro para saber onde estamos a nivel competicional. “, dixo Tobaruela na rolda de prensa previa. O catalán recupera efectivos ao voltar a estar dispoñibles Rocío e Feijóo, seguen de baixa Noa e Silvia, xunto a Sara Rodríguez.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío e Valeria.
Defensas: Yadira, Laura, Sabela, Lucía e Feijóo.
Centrocampistas: Aldarita, Fara, Ester, Bonjoch, Candela Bouzas e Aroa.
Dianteiras: Noui, Silvia Chao e Zaira.

S. Cuiñas, pichichi do Mos ‘B’, perseguida por Silvia a pasada campaña en Oira.

Pontellas
O conxunto dirixido por Lucía Llorente arrincou a terceira xornada na quinta posición. Nos seus dous primeiros compromisos cultivou unha vitoria a domicilio fronte a Unión Guardesa (0-6) e unha derrota en casa ante o Lóstrego ‘B’ (0-3). A pesar de ser un equipo de recente creación, visitarán Oira novamente oito ex-xogadoras do Mos ‘B’, campión do subgrupo VI da campaña pasada, ademais do seu adestrador, Roberto Sueiro. A parte das dúas gardametas, Ángela e Lola, as xogadoras Uxía Recuncho, Marta, Lara e Patricia, estarán dúas das tres máximas goleadoras do as ‘vespas’ a pasada tempada, Sara Cuiñas (18 goles en 13 partidos) e Olivia (15 goles en 19 partidos). Esta tempada, a xogadora máis realizadora das blaugranas é Adriana con 3 dianas nas dúas xornadas disputadas.

Check Also

4-0: O sénior golea e achégase ao obxectivo

Un tanto espectacular de Bonjoch, outro de Vicky e Zaira e Patri, en propia porta, …

Skip to content