A pola vitoria frente ao Vilariño

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía, que está invicta no Municipal de Oira, afronta o partido da xornada 17 (12.00 h; domingo)

Despois de dúas semanas sen competición oficial pero cun amigable de peso fronte a Vitoria ‘B’, a Escola de Fútbol Feminina Rosalía regresa á Liga. O noso equipo recibe ao Racing de Vilariño no Municipal de Oira no partido correspondente á décimo séptima xornada do campionato (12.00 h; Domingo).

O obxectivo das de Tobaruela é aproveitar o impulso que lles outorgou a vitoria fronte a Pontellas e a boa imaxe no amigable do pasado domingo para sumar tres novos puntos en Liga. Axudará, sen dúbida, a condición de local do noso equipo, que non coñece a derrota nos 7 encontros oficiais que disputou esta tempada no Municipal de Oira: 7 vitorias, 0 empates e 0 derrotas.

“Non hai que perder de vista que a partir de agora xa estamos encarando a recta final do campeonato. Quedan agora tres partidos antes de que descansemos porque somos un grupo impar e tócanos descansar e despois xogamos outro partido e xa ven Semana Santa e despois de Semana Santa isto acaba en maio”, indicou Tobaruela na rolda de prensa previa ao encontro. Non poderán estar Noui e Ester, pero si estará Zaira, que chega nun gran momento de forma tras ver porta nos dous partidos (tres goles) xogados antes do parón do entroido. Estas son as xogadoras coas que contará o técnico catalán para esta cita.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío e Karla.
Defensas:
Laura, Lú, Matilde, Sampayo e Noa.
Centrocampistas:
Aldarita, Bonjoch, Sabela, Victoria Santos, Candela e Feijóo.
Dianteiras:
Zaira, Vicky e Chao.

O rival
O Vilariño visita o noso campo coa intención de romper a mala serie dos seus últimos tres encontros ligueiros, nos que non coñece a vitoria. O conxunto que dirixe Victor Manuel Cabral ocupa a décima posición da táboa con once puntos. No enfrontamento da primeira volta, o noso equipo venceu 0-6 con tantos de Zaira, Chao (2), Fara e Vicky (2).

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content