4-4: Escápase nos últimos minutos

Xiana (3) e Claudia igualaron nos instantes finais os tantos de Zaira (2), Feijóo e Bonjoch.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía sumou un punto na súa visita ao Cacheiras, no encontro correspondente á 17.ª xornada de Liga. Pese ao dominio pontino na primeira parte, na segunda metade, Claudia puxo o 4-4 ao marcar a dez minutos do asubío final.

Tras uns primeiros minutos de igualdade, A Escola de Fútbol Feminino Rosalía tomou a iniciativa. As de Tamayo xogaban en campo contrario e adiantáronse aos 24 minutos de xogo por medio de Zaira. Dous minutos despois, Xiana, a mellor por parte das locais, empatou o encontro novamente desde os once metros. O final da primeira metade foi unha tolemia con outros tres tantos en dous minutos. Feijóo volveu adiantar ao noso equipo no minuto 37′ e Zaira colocou o 1-3 no ‘luminoso’ un minuto despois. Cacheiras saca de centro e Xiana volve acurtar distancias, pechando a primeira metade con 2-3 a favor das pontinas.

Despois do descanso, as locais volveron meterse no partido con outro tanto de Xiana, terceiro na súa conta particular, empatado no minuto 50′. No 53’ Bonjoch marcou o gol que parecía darlle a primeira vitoria do ano a domicilio ao equipo de Alberto Tamayo, pero todo torceuse a dez minutos do final, cando Claudia empatou o partido, resultado que se mantivo ata o final. Un punto que sabe a pouco ante un dos rivais da parte baixa da taboa clasificatoria, nunca xornada na que se podían recurtar distancias co segundo clasificado, Touro.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content