Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’.
Fin de semana de compromisos oficiais para os dous equipos da liga Galega Cadete. A Escola de Fútbol Feminino Rosalía ‘Azul’ perdeu na casa ante o Lóstrego CF na 17.ª xornada (1-4). Vitoria da EFF Rosalía ‘Amarelo’ a domicilio ante o Xuventú Aguiño (0-5).
EFF Rosalía ‘Azul’-Lóstrego CF (1-4)
O equipo de Alberto Tamayo, que disputou o seu encontro no Municipal Miguel Ángel, viuse superado por un Lóstrego que se adiantou no marcador aos tres minutos de xogo cun gol de Ana Nodet. Tegra logrou a igualada no minuto 24′, pero Ana Cordeira, tres minutos despois de superar a media hora de xogo, adiantou novamente ás visitantes (1-2). A volta de vestiarios, outros dous tantos de Ana Cordeiro (63′ e 73′) sentenciaron.
Xuventú Aguiño-EFF Rosalía ‘Amarelo’ (0-5)
O noso segundo representante na categoría, que chegaba á xornada despois de caer no derbi, conseguiu a súa oitava vitoria con goles de Sofía, Sara (2) e Sabela (2). Ao noso equipo custoulle entrar un na dinámica do xogo, enfronte, un rival que facía un balance defensivo coa liña case en mediocampo, co que as de Javier Alonso caían en fóra de xogo. Un cambio da idea inicial no sistema de xogo provocou que as pontinas xogasen con máis calma, sen présas e con accións de xogo longas e en combinacións rápidas empezaron a chegar os goles. Sentenciaron as ‘amarelas’ nun final da primeira metade con catro goles. No minuto 28′, Sofía aproveita un rexeite de Isabella para adiantar ás nosas. Oito minutos despois, Sara aumenta a distancia e Sabela, con dous goles a un minuto do descanso asinan o 0-4 en ambos man a man ante a gardameta rival. Tras o descanso, a dinámica cambiou e o noso equipo fíxose dono do partido, anotando Sara o definitivo 0-5 no minuto 80 nunha xogada individual.