A afianzar o segundo posto ante o Peñasco

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía afronta no Federativo de Coia a 17ª xornada de Liga (18:00 h; Vigo).

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía disputa esta noite un novo encontro de Liga. O noso equipo visita ao Peñasco no Federativo de Coia no partido correspondente á decimoséptima xornada do campionato (18:00 h; Vigo). As de Saa intentarán sumar tres novos puntos a domicilio para afianzar o segundo posto.

O equipo leva máis de tres meses invicto en Liga como visitante (5 partidos, cun balance de 4 vitorias e 1 empate). O obxectivo é prolongar esta dinámica positiva no Federativo de Coia fronte a un rival ao que as de Saa xa gañaron na xornada seis desta tempada, disputado no Municipal de Oira (3-0), que se atopa a tres puntos das azuis cun partido menos.

“Elas son outro gran equipo e sobre todo o que queremos é realizar un gran encontro no que as xogadoras melloren e supérense a si mesmas”, dixo o técnico catalán na roda de prensa previa ao partido. As dúas máximas goleadoras azuis non poderán estar xuntas na convocatoria, Ana é baixa por enfermidade. Á dianteira únense Ainara, Noa Fírvida, Sabela e Paqui. O técnico soamente poderá contar con 14 xogadoras para defender as cores da EFF Rosalía en Vigo serán:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Paula, Isis, Bea, Noa Domínguez e Sequeiros.
Centrocampistas: Aldarita, María, Fara, Lidia, Aida e Patricia.
Dianteiras: Noui y Zaira.

O rival
O Club Peñasco marcha na cuarta posición da táboa, con 34 puntos e un partido menos que as pontinas. O conxunto dirixido por Norberto Losada venceu ao Gondomar no seu último partido en casa grazas a un tanto de Ana Fernández. A súa gran referencia ofensiva é Tamara Custodio, a pichichi da competición con 22 dianas no que vai de Liga.

O duelo estará dirixido pola colexiada Sofia Gándara Currais do comité técnico de árbitros de Vigo

Check Also

4-0: O sénior golea e achégase ao obxectivo

Un tanto espectacular de Bonjoch, outro de Vicky e Zaira e Patri, en propia porta, …

Skip to content