Sabela, outra mais para o club dos 100

O encontro ante o Pontellas significou a centena de encontros disputados coa elástica pontina para a defensa barbadesa.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía sumou algo máis que tres puntos na súa vitoria do domingo ante o Pontellas CF. Esto é que Sabela Meno sumou na tarde-noite do domingo 100 partidos coa camiseta pontina, seguindo o ronsel de compañeiras como Zaira e Noa Domínguez, recoñecidas recentemente.

No caso da centrocampista barbadesa, disputou esta redonda cifra repartida toda ela en 24 encontros na súa primeira tempada, a 2018/19, 21 a 2019/20, outros nove a 2020/21 e 48 as últimas dúas campañas, repartidas en 24 cada unha. Completando a cifra nas tres primeiras xornadas do curso 2023/24. O debut da defensa foi no minuto 12′ do primeiro partido da temporada 2018/19 no Campo ABA Rey-Pardellas de Ponteareas ao entrar por Adriana ante o Juvenil de Ponteareas.

Durante estes 100 encontros, a defensa sumou un total de 34 goles, comezando como centrocampista e gañándose a confianza dos seus adestradores como defensa as últimas dúas tempadas.

Check Also

Convivencia de fútbol San Cibrao das Viñas

Nosos alumnos da escola do CEIP A Ponte estarán presentes na primeira Convivencia de fútbol …

Skip to content