O noso club, xunto a unha representante do equipo de Mulleres de Ourense e a vicepresidenta de AECC Ourense, compartiron estudio en Telemiño.
Con motivo do partido que disputarán a selección de Mulleres de Ourense e un convinado da Escola de Fútbol Feminino Rosalía, Luís Martín, presentador e director do programa deportivo de Telemiño, convidou os representantes de cada equipo e á vicepresidenta de AECC Ourense, Olga Mojón, a promocionar por unha banda o partido en si e a concienciar a toda a sociedade ourensá de que toda axuda é boa para loitar contra o cancro de mama.
O noso presidente, Mario Gómez e María Feijóo, xogadora do equipo senior, asistiron como representantes do club, destacando o presidente que “noso club sempre está disposto a colaborar neste tipo de eventos. Xa colaboramos con Pequenos Super héroes, Galiciame e Common Goal e, en breve, presentaremos un novo proxecto solidario que temos en Albacete. Con AECC Ourense, según recibimos a chamada de Agustín, xa nos ponemos a traballar na colaboración que estimen”. Pola sua banda, nosa defensa do equipo senior quixo destacar que “é importante dar visibilade a unha enfermidade, que por desgracia, ou coñecemos a alguén que a padeceu ou a alguna persona cercana. É importante que as mais pequenas sean conscientes de que está ahí, na nosa sociedade”.
O partido disputarse o próximo xoves 19 de outubro nas instalacións municipais de Oira a partir das 19:30 horas e coas cámaras de RosalíaTv presentes. As entradas tenentões un custe de 5€ e entre todos os asistentes haberá sorteos gracias a colaboración de diferentes empresas ourensáns. Tamén existe unha Fila Cero: ES68 2080 0475 5630 4000 0077 para todo aquel que queira colaborar.
O enlace do programa íntegro, na seguinte ligazón