As pontinas volven xogar en casa

A SD Chantada será o segundo rival en casa para dar continuidade á liga e á vitoria cultivada ante o Pontellas.

A Segunda División Galega Feminina segue o seu camiño e mañá domingo, a partir das 16.00 horas, as azuis volverán xogar como locais ante outro rival da zona baixa da táboa: a Sociedade Deportiva Chantada. Tras gañar por 0-1 ao Pontellas CF o pasado domingo, a Escola de Fútbol Feminino Rosalía recibe ao club chantadino no Municipal de Oira ante o seu público. A imposibilidade de xogar no seu horario habitual propiciou que as dirixidas por Alberto Tamayo arrinquen a disputa da xornada 4 en horario de tarde.

O noso senior chegará a esta importante cita cargado de moral e boas sensacións, non en balde, comezou o curso medíndose nas Baloutas ante o todopoderoso Mos ‘B’ perdendo por goleada, pero este tropezón foi rapidamente corrixido grazas a dúas importantes vitorias, primeiro chegou un 5-0 no noso feudo e na pasada xornada ligueira viaxamos a Porriño para someter ao Pontellas mediante un sobresaliente 0-1 no que brillou a dianteira Noui.

Aldarita, entre dous rivais, na eliminatoria de ascenso.

Soamente existe un precedente histórico entre ambos os equipos en competición oficial dado que o Chantada sempre estivo encadrado noutros subgrupos da categoría. Este encontro celebrouse o pasado 21 de maio nos cuartos de final da fase de ascenso a 1.ª División e saldouse con vitoria das azuis por 5-0 con goles de Candela, Laura, Vicky, Zaira e Aldarita. E todas elas formarán parte da convocatoria de 16 de Alberto Tamayo a excepción de Zaira, que será baixa:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Sabela, Lú, Feijóo, Laura, Matilde, Fifi e Miriam.
Centrocampistas: Aldarita, Bonjoch, Aroa e Candela.
Dianteiras: Noui, Clau, Vicky e Cloe.

Nuestra EFF Rosalía quere seguir saboreando os meles da vitoria ante o conxunto chantadino para seguir achegándose máis á zona alta da táboa clasificatoria, actualmente somos o sétimo mellor equipo no torneo da regularidade, empatados a puntos co terceiro e a tres do líder Concello de Boiro. Tras este partido a acción non regresará ata o 22 de outubro, cando recibiremos a Arenteiro no derbi ourensán, pero antes de eso a emoción e diversión estará servida no III Partido benéfico a favor do cancer de mama, o xoves 19 ás 19:30h nas instalacións municipais de Oira.

Chantada
O noso cuarto adversario esta campaña estreouse na tempada o pasado 24 de setembro de 2023 en Ou Sangoñedo ante o Praiña Sporting Club (1-2), despois viaxou para visitar a Pontellas, derrotado o Santo Campio-2 por 2-0 e a súa última posta de longo saldouse cun novo revés en casa (1-5) co Xuventú Aguiño.

O CTA da Real Federación Galega de Fútbol, estimou oportuno que o colexiado Daniel Cabano Docasar, árbitro adscrito ao Comité de Árbitros de Ourense, sexa o encargado de impartir xustiza no céspede.

Check Also

4-0: O sénior golea e achégase ao obxectivo

Un tanto espectacular de Bonjoch, outro de Vicky e Zaira e Patri, en propia porta, …

Skip to content