As senior visitan Ponte Caldelas ca ilusión de seguir a xeira

Un doce momento o que está a vivir o noso equipo senior, con moita seriedade, ilusión e traballo por parte de tódalas xogadoras e o seu corpo técnico están a chegar os frutos das victorias.

Nesta ocasión visitamos o domingo 18:45 o campo de Chan da Barcia en Ponte Caldelas. Na primeira volta as pontevedresas golearon ás nosas nun partido moito máis igualado do que reflectiu o marcador final 1-5. Moito cambiou o noso equipo dende aquel 7 de outubro, a evolución está sendo moi positiva e a ben seguro que o noso equipo ten gañas de demostrarllo o seu rival sobre o verde o próximo domingo.

As rosalías teñen gañas de mostrarlle a súa evolución no campo as pontevedresas

O noso equipo acude ca duda de Isis Sanmartín despois dunha semana cos problemas de saude típicos destas datas. O partido mirando á clasificación é de importancia para o noso clube, xa que de conquerir a victoria asomaríamos a cabeza a tentar escalar posicións na tabla, algo que fai unhos meses parecía impensable.

Sorte equipo!!!

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content