Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de Oira (16.30 h, Youtube).

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía recibe ao Praiña na 26.ª xornada da 2.ª División Galega. As de Tamayo tentarán sumar no Municipal de Oira a súa terceira vitoria seguida tras gañar ao San Mateo Tenerife (3-1) e ao Vitoria ‘C’ (0-2) nos últimos compromisos ligueiros. Ademais, o equipo que precede ao noso equipo na táboa clasificatoria ten xornada de descanso esta semana.

O calendario non para. O obxectivo das pontinas é sumar tres novos puntos na súa loita por un posto de fase de ascenso. Rosalía quere seguir co seu bo momento en casa, onde non perdeu un só partido esta tempada. Na liga suma 9 triunfos e 3 empates. Unha das claves destes resultados é a súa fortaleza defensiva: encaixou 7 tantos en casa, o que lle converte no mellor equipo do campionato neste apartado onda Mos ‘B’.

O pasado mes de novembro, no partido da primeira volta disputado no Municipal de Santo Mamede, o noso equipo tróuxose os tres puntos con goles de Zaira (2), Sampayo (2), Bonjoch, Clau, Feijóo e Aldarita.

Tamayo non poderá contar con Feijóo nin as lesionadas de longa duración. Se estará Zaira, clave no ataque madridista e que encadea dous goles nos dous últimos partidos, alcanzando os 100 na sus conta persoal. As 16 xogadoras citadas son:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Fifi, Sabela, Miriam, Sampayo e Matilde.
Centrocampista: Bonjoch, Nair, Candela, Aldarita e Aroa.
Dianteiras: Vicky, Zaira, Clau e Noui.

Praiña
O conxunto dirixido por Alejandro Edreira arrincou a xornada en décimo quinta posición cun balance de 1 vitorias, 5 empates e 16 derrotas. As teenses visitan o noso campo tras empatar con Pontellas no seu último compromiso e tentarán mañá sumar tres puntos para escalar posicións na táboa. Fátima Yesenia Trujillo é a súa máxima goleadora con 4 dianas.

A 25.ª xornada de Liga para a Escola de Fútbol Feminino Rosalía dará comezo ás 16.30 horas co asubío inicial do colexiado Pablo Cid Menor, do Comité Técnico de Árbitros de Ourense e coas cámaras de RosalíaTv como testemuñas do encontro.

Vídeo: Enlace retransmisión en directo.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content