Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida ata o sábado, día 23 de decembro.

Amencer Ourense presentou a campaña de recollida de comida ‘Operación Quilo’ que se inicia hoxe, 29 de novembro co lema ‘O soño do compromiso’, e que finalizará o próximo 22-23 de decembro, e á que se uniron a Escola de Fútbol Feminino Rosalía, xunto a outros clubs como Ourense CF, Club Ourense Baloncesto, Pabellón CF, CD Velle, Club Voleibol Ourense e CD La Purísima. ‘Yuse‘ Vázquez, vicepresidente, Javier Alonso, adestrador do Cadete Amarelo e a xogadora senio Silvia Sampayo asistiron ao acto de presentación celebrado no Colexio Plurilingüe María Auxiliadora Salesianos. O obxectivo é recoller ‘quilos’ de alimentos, sobre todo, pero tamén xoguetes e roupa pararepartilos entre as familias pertencentes dificultade social.

A Escola Fútbol Feminino Rosalía uniuse un ano máis á campaña de Operación Quilo. A nosa oficina funcionará como punto de recollida de e Ourense CF, Purísima e Rosalía colocarán caixas de recollida en todos os partidos que os seus equipos celebren nas instalacións municipais de Oira, doando conxuntamente con Pabellón, Voleibol Ourense, COB e Velle todo o recolleitado durante os 24 días que dura a campaña. Anímase a todos os pontinos, rivais e afeccionados a colaborar para lograr que ningunha familia quede sen gozar este Nadal.

Sampayo e Javi cos representantes de Ourense CF e Voleibol Ourense.

En palabras do noso vicepresidente, Yuse Vázquez: “Desde o noso primeiro ano de existencia, o club non dúbida en sumarse cada ano a esta campaña, pola importancia que ten a solidariedade cos ourensáns que menos teñen. Así, por quinto ano consecutivo e, por primeira vez á beira doutros clubs referentes da cidade, tentaremos recoller os máximos ‘quilos’ posibles”. Pola sua banda, Xulio César Iglesias, director de Amancer, destacou que “A operación quilo é, evidentemente ourensana, non é de Amencer, non é de Salesianos, é totalmente de Ourense porque colabora moitísima xente. Nós, ao ser unha asociación xuvenil, nós gusta enfocalo co tema do deporte. Sabemos que é a plataforma na que hai mais mocidade implicadada e gústanos relacionar deporte, solidaridade e mocidade”.

Na edición de 2022 recolléronse 9.768 quilos de alimentos, 6.200 quilos de xoguetes, 9.200 quilos de roupa e 9.485 euros cos que se compraron alimentos, podéndose repartir entre unhas 2.000 familias, chegando esta axuda a 4.000 persoas.

Check Also

Convivencia de fútbol San Cibrao das Viñas

Nosos alumnos da escola do CEIP A Ponte estarán presentes na primeira Convivencia de fútbol …

Skip to content