Os dous equipos da Liga Galega Feminina Promesas, principais atractivos no Municipal de Oira este fin de semana.
Os dous equipos da Liga Galega Feminina Promesas afrontan este domingo a quinta xornada de Liga na casa, no Municipal de Oira. Tras xogar en Santa Cruz de Arrabaldo na xornada 3, ambos equipos voltan ao seu campo.
EFF Rosalía ‘A’ – UD Mos
O equipo dirixido por María Feijóo recibe a partir das 13:00 horas ao líder destacado do Grupo Sur. Mos aínda non coñece a derrota cun balance demoledor, 31 goles a favor e tan só 2 en contra nos catro partidos disputados ata agora. En liña positiva preséntanse as azuis, logo de dúas vitorias consecutivas, pero especial a lograda a semana pasada en O Alivio. Os técnicos acabaron moi contentos coa progresión das súas xogadoras e como se adaptaron ás súas propostas.
EFF Rosalía ‘B’ – Juventud de Cambados
Máis igualado espérase o partido do equipo dirixido por Javier Alonso. Juventud de Cambados, sétimas clasificadas cun punto de vantaxe sobre as pontinas chega ao partido logo de empatar 1-1 a domicilio con Valladares. O partido dará comezo o domingo ás 12:00 horas no campo de fútbol-8.
Ambos partidos estarán dirixidos polo colegiado Gabriel Márquez Pérez do Comité Técnico de Árbitros de Ourense.