Gondomar-EFF Rosalía: Terceira derrota consecutiva

Os goles de Amandha e Ruth derrotan a EFF Rosalía, que encadea tres partidos sen coñecer a victoria.

O Gondomar FB venceu á EFF Rosalía en As Cercas e sumou a terceira derrota consecutiva no casilleiro das azuis. Non lles costou moito abrir o marcador as locais, o primeiro tanto chegou aos 7 minutos e levou a firma de Amandha Oliveira, que marcou o seu gol número 11 nesta tempada.

Mal partido das xogadoras de Iván Canal, en ningún momento lograron asentar seu xogo no sintético de As Cercas. Nunha primeria parte sen apenas ocasións foron as locais as que aproveitaron un rexeite nunha defensa a tiro de Amandha Oliveira (7’) que despista a Rocio e o 1-0 sube ao marcador. As azuis non atopaban forma de crear perigo e o resultado non se movería na primeira metade.

O Gondomar FB marchouse ao descanso con vantaxe e tras o paso polos vestiarios foi Canal quen intentou darlle a volta a cara mostrada polo seu equipo nos primeiros 45 minutos. Arriscou no plantexamento e adiantou líneas pero o resultado non foi o esperado.

Novo erro defensivo
Minuto 65’, Aldarita falla nun control, despista á liña defensiva e Ruth Sousa plántase soa ante Rocío e a dianteira local culmina coa dereita a xogada, 0-2 e partido pechado para as gondomaresas a falla de 25 minutos para o remate. A partir dese momento o partido das xogadoras da EFF Rosalía foi un querer e non poder polo que o resultado xa non se moveu e a EFF Rosalía perde o quinto posto a favor das súas rivais de onte.

Check Also

Rosalía-Boiro: A fase de ascenso en xogo

As de Tamayo mídense ao segundo clasificado co obxectivo de acurtar a súa vantaxe de …

Skip to content