Nova xornada de competición para os equipos enrolados na Liga Promesas na matinal do domingo no Monte da Aira. Os dous equipos tiñan partidos moi diferentes nunha xornada con sol e o bo tempo como protagonistas.
EFF Rosalía “A”-CD Valladares
A EFF Rosalía “A” lograba a terceira victoria consecutiva fronte as amigas do CD Valladares, nun partido moi desigual que dominaron de principio a fin e no que o Valladares mostrou unha mellora con respecto ao partido de ida.
EFF Rosalía “B”-CD Mosteiro
O Promesas “B” enfrontábase ao CD Mosteiro, equipo superior que inda así mostrou moi cara de vender a súa pel. María Feijoó relatou así o partido: “Outro partido de aprendizaxe para as nenas no que sabíamos que o rival era superior a nós, aínda así as nenas con toda a ilusión buscaron seguir demostrando o gran avance que están a facer. Empezaron moi sólidas e concentradas no partido mesmo chegando a crear algunha ocasión de gol pero tivemos que irnos ao descanso co marcador desfavorable a nós. Ao comezo da segunda parte e probando novas tácticas empezamos a dominar o partido e canto máis nos acercábamos ao area rival, parecía que o balón non quería entrar na rede”.
“Outro partido no que as nenas están demostrando o nivel que están collendo, non miramos os resultados, miramos que elas melloren e pouco a pouco están converténdose en unhas auténticas xogadoras de fútbol”, añadiu a técnica.