Liga Promesas: O Monte da Aira recibe ao J. Cambados e San Mateo

Nova fin de semana de compromisos para os equipos da Liga Promesas-Liga Pizza Móvil no Monte da Aira.

EFF Rosalía A – Juventud de Cambados (Domingo, 10:30h)
O equipo de Juanma Bello, segundo clasificado, recibe a un dos equipos debutantes na Liga Promesas, oitavo na táboa, coa intención de seguir a estela do líder UD Mos e manter a condición de equipo invicto ao non coñecer a derrota nos catro partidos disputados ata o de agora.

EFF Rosalía B – Sporting Club San Mateo (Domingo, 10:30h)
As pequenas teñen ante sí unha dura proba. Reciben a un equipo complicado que xa o ano pasado tivo unha notable progresión e que este ano é un dos equipos máis competitivos da competición a pesar de estar situados na metade da táboa e levar unha racha de duas derrotas consecutivas. Duro rival para comprobar a progresión das notas peques.

Sorte e diversión para os dous conxuntos!!

 

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content