Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.
No día de onte presentábase nas instalacións municipais do Pavillón de Os Remedios o Trofeo Internacional Fútbol Feminino de Canedo coa asistencia de Sampayo e Candela, xogadoras do equipo senior e o noso vicepresidente, Yuse Vázquez, en representación da Escola de Fútbol Feminino Rosalía, acompañando ao concelleiro de deportes do Concello de Ourense, Anibal Pereira.
Se hai pouco mais dun mes o noso club viaxaba a Portugal en representación de Ourense nos XV Jogos do Eixo Atlántico, agora, en representación do país veciño, o Operario Furtebol Clube de Antime xogará o partido que se celebrará este próximo sábado 7 de setembro, a partir das 12.30 horas no Campo Municipal de Oira.
Este encontro será en categoría sub16, ao ser a oficial en Portugal, por este motivo, o noso equipo estará formado por unha selección de xogadoras desa categoría, do mesmo xeito que as que viaxaron a Braga o pasado mes de Xuño.
A entrada será gratuíta para todos os asistentes e a EFF Rosalía mostrou o seu total agradecemento ao club da localidade de Fafe (Braga) pola viaxe ata a nosa localidade e ao Consello Municipal de Deportes de Ourense e Xunta de Galicia pola sua colaboración na realización do mesmo.