A Escola de Fútbol Feminino Rosalía será, un ano máis, un dos clubs referencia do futbol galego feminino.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía é, novamente, un dos clubs de fútbol feminino que contará con representantes nas ligas senior, cadete, infantil e alevín autonómicas. Así, as pontinas, convértense un anos máis nun de clubs referencia do fútbol feminino galego.
A Real Federación Galega de Fútbol informou en pasados días das datas oficiais de comezo das distintas categorías que forman as ligas autonómicas de fútbol feminino. Os nosos equipos empezarán a competición os días:
- Sénior: 15 de setembro
- Cadete: Fin de semana 21/22 de setembro
- Infantil: Fin de semana 21/22 de setembro
- Alevín: Pendente de confirmación.