Tobaruela: “O partido depende de nós”

“É un partido clave desde un punto de vista psicolóxico para a confianza das xogadoras”, dixo o adestrador.

Vídeo: Roda de prensa completa

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día previo ao partido da 16.ª xornada de Liga, no que o noso equipo enfróntase ao CD Pontellas no San Campio-2 (domingo, 19.00 h): “Sempre hai partidos os que lle das mais importancia pola categoría do rival e este é un deles, como se demostrou no partido de aquí en Oira. O Pontellas foi, sen dúbida, o equipo que mais traballo nos deu en Oira, acabamos gañando o partido pero na primeira parte crearon ocasión de gol e iso hai que telo en consideración”.

“Equipo experimentado, un equipo con moita intensidade e na súa casa, xa teño ido un par de veces velas, xogan con esa intensidade nun campo mais ou menos coma o noso en dimensión e, a cousa, é que xogaremos o domingo ás sete da tarde e ten una mala iluminación. É un partido dos que gusta xogar, sen dúbida”.

Invictas dende o partido da primeira volta
“Creo que perderon contra nós e contra Lóstrego e despois empataron algún partido. Desde o primeiro punto de partida da Liga víanse cales eran os tres equipos que ían estar arriba e somos os tres equipos que estamos arriba, Lóstrego, Pontellas e mais nós. Estanse cumprindo os plans de ser os favoritos, entón competimos contra un dos favoritos”.

Partido clave
“Mais que partido clave para conseguir o primeiro posto, é un partido clave desde un punto de vista psicolóxico para a confianza das xogadoras. Estou convencido que de aquí a final de Liga haberá resultados sorpresa porque hai equipos, nomeadamente San Mateo, Porriño e o mesmo Arenteiro que poden acadar un bo resultado diante de calquera, do Rosalía, do Lóstrego e do Pontellas. Entón creo que aínda se van perder puntos, nós intentaremos non perdelos e creo que mais dun punto de vista psicolóxico, que práctico”.

Estado equipo
“Eu teño unha preocupación en canto ao noso equipo, acabamos de xogar contra dous rivais que non ofreceron resistencia e sempre hai unha certa relaxación e, de feito, esta semana, a parte de preparar a conciencia o partido contra o Pontellas técnica e tacticamente, estou incidindo nisto que acabo de dicir, temos que subir o pistón e a intensidade vai ser moi diferente neste partido que nos partidos anteriores. Para min esa é a gran preocupación e o resultado dependerá de nós, as gañas que teñamos de dar un paso adiante neste sentido, daranos ma is puntos a favor ou menos puntos a favor”.

“Podemos plantear un partido moi físico porque nós temos moitas xogadoras”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Partido físico
“Pontellas ten xogadoras que fisicamente van ao contacto, ao un para un, ten xogadoras moi rápidas e ten unha conxunción de xogadoras moi interesante nese sentido, nun sentido físico, pero ten unha gran limitación, é un equipo que ten once xogadoras, por dicilo dalgunha maneira, xustas. As xogadoras que ten de recambio non teñen a calidade que teñen ao terreo de xogo no once inicial e iso vese despois dunha análise de todas as alienacións de todos os partidos que elas xogan e fan pouquísimos cambios ou cando fan os cambios é co partido resolto. Despois nós, podemos plantexar un partido moi físico porque nós somos o sentido contrario, temos moitísimas xogadoras e temos 17-18 xogadoras que xogue a que xogue no ritmo do equipo non se nota. ¿Iso que quere dicir?, postos a traballar fisicamente nós temos unha certa vantaxe sobre elas”.

Resultado positivo
“Sería importantísimo para o equipo e tamén de cara a quen agora é o líder, o Lóstrego. Elas veñen de empatar co Pontellas e se ven que nós somos capaces de gañar, estamos a un só punto e temos que xogar entre nós dentro de tres partidos, tres partidos, aínda que quedan unhas semanas de descanso polo medio. Psicoloxicamente para nós e para o resto sería, o que se di vulgarmente, dar un golpe enriba da mesa”.

Resultado negativo
“Un resultado negativo influiría dunha maneira negativa, foi como cando pasou cando perdemos contra o Lóstrego, queiras ou non as derrotas afectan. Soubemos repoñernos a esa derrota contra o Lóstrego e aquí estamos e a ver que pasa”.

¿Qué decidirá o partido?
“Depende, aínda que pode parecer que falo cun pouco de soberbia, pero o partido vaise decidir dependendo de nós. Como lles digo moitas veces ás xogadoras, dependendo das gañas que teñan de gañar, porque nós sabemos o que temos que facer e se sabemos executalo ben, elas teñen poucas posibilidades de levar o partido”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content