“Ata final da Liga a elas e a nós quédannos tres ou catro partidos que no van ser fáciles”, declarou o adestrador.
Pere Tobaruela compareceu en zona mixta do Municipal de Oira tras o duelo ante o Lóstrego ‘B’, correspondente á xornada 19 de Liga: “Foi un partido intenso desde o primeiro momento e nós non soubemos adaptarnos a isto ata case o final da primeira parte. O primeiro periodo foi dun claro dominio das rivais e xa no segundo fomos entrando en partido e controlando o xogo. Temos que aprender disto e ser máis intensas, principalmente nas desputas”.
Un Rosalía moi nervioso
“Eu creo que as nosas xogadoras non saíron nerviosas, saíron lentas e espesas. O Lóstrego impuxo un ritmo de xogo baseado nunha alta presión e a nós costounos moito superalas, dar un paso adiante. Acabámolo dando e soubemos sobrepoñernos. Quedo con iso. Seguimos aprendendo”.
Partido incómodo
“Está claro que por todo o dito anteriormente, nós non estivemos cómodas. Pero iso é merito das rivais, que souberon atarnos en curto e impoñer un ritmo de partido que nos prexudicaba”.
¿Transcorreu o partido tal como te esperabas e gustaríache?
“Agardaba un Lóstrego cun xogo máis combinativo e non tan direto. Durante todo o partido limitáronse a desprazar o balón rápido. Nós non fomos quen de controlar o balón e nese sentido elas gañáronnos a partida, aínda así opuxemos moita resistencia e xogando dunha maneira que non se nos dá ben estivemos a piques de levar os tres puntos”.
Actitude rivais
“As rivais xogaron as súas cartas, xogaron con intensidade e aí quen ten que medir se esta intensidade é regulamentaria ou non é o árbitro. Outra cousa é que algunha rival deixara escapar o brazo á mantenta máis da conta cando o árbitro non miraba, iso xa é outra cousa. É unha mágoa que pase, eu non llo permito ás miñas xogadoras, pero cada quen e cada quen. Sempre ten que haber uns límites, que tes que marcar ti mesmo”.
Feijóo
“Tivemos que canviala xa contra o final da primerira parte por un golpe na cabeza. Durante a segunda estivo con nós no banco e, aínda que lle doia o golpe, atopouse ben en todo momento”.
Futuro
“Esta semana mantemos o liderato por dous puntos porque xogamos un partido máis que o Lóstrego. Se todo vai como é de esperar, a semana vindeira, que nos tocas descansar, elas sumarán de tres e terán un punto máis ca nós. Pero ata final da liga a elas e a nós quédannos tres ou catro partidos que no van ser fáciles, e calquera pode deixar algún punto. Elas e nós”.